Gallego

Premios Nacionais de Curtametraxes de Educación Viaria

Gallego

Acábase de presentar a 2ª edición dos "Premios Nacionales de Cortometrajes de Educación Vial", que organizan a asociación RACE e a empresa Good-Year, coa colaboración da Dirección Xeral de Tráfico (Ministerio de Interior) e a Secretaría de Estado para a Educación, Formación Profesional e Universidades (Ministerio de Educación, Cultura e Deporte), entre outros.

O obxectivo deste certame é incidir na conciencia viaria dos menores de 14 anos, un dos colectivos máis vulnerables en materia de tráfico, a través da súa participación na elaboración de curtametraxes que transmitan boas prácticas. Os destinatarios deste certame son os centros de primaria de todo o Estado, que poderán organizar grupos de 8 alumnos/as para elaborar as súas curtas. O prazo de participación no certame está comprendido entre o 22/10/2013 e o 15/05/2014.

Toda a información de interese relacionada con estes premios (bases, premios, material didáctico, vídeos concursantes...) está volcada na súa propia web.

2ª Edición dos Premios Nacionais de Curtametraxes

Bases do Concurso de Proxectos de Educación Viaria e Teatro (DXT)

Gallego

A Dirección Xeral de Tráfico acaba de presentar as bases do "Concurso de Proyectos de Educación Vial y de Teatro" para o curso 2013-14 para todas as etapas do ensino non-universitario. As características desta convocatoria son as seguintes:

Características xerais: proxectos orixinais desenvolvidos no centro ao longo do curso 2013-14

Modalidade A:

  • Obxecto: elaboración dun proxecto de educación viaria ou de materiais e recursos viarios no marco das TIC.
  • Documentación: memoria descritiva do proxecto, materiais e recursos multimedia interactivos.
  • Premios: 5 premios de 2.000 €, 5 accésits de 1.000 €, 7 compensacións de 500 €.
  • Prazo: ata o sábado 14 de xuño de 2014.

Modalidade B:

  • Obxecto: elaboración dun guión teatral que tome como base a discapacidade.
  • Documentación: guión teatral en soporte papel, representación da obra en formato dixital.
  • Premios: 1º premio de 3.000 €, 2º premio de 2.000 €, 3º premio de 1.000 €, 8 accésits de 500 €.
  • Prazo: ata o domingo 29 de xuño de 2014.

Para completar a descrición das bases podedes consultar o seguinte documento.

 

 

Guía e vídeo sobre o camiño escolar

O Ministerio de Fomento ten ao noso dispor na súa web unha guía e mais un vídeo dirixidos á dinamización das iniciativas de camiño escolar co fin de facilitar o desenvolvemento de experiencias de mobilidade infantil e xuvenil no espazo urbano.

O material non está dirixido ao alumnado, senón ás entidades encargadas de levar adiante os proxectos de mobilidade segura: centros de ensino, ANPAS, entidades locais, etc.

 

 

 

 

 

Gallego
Camino escolar
Tema: 

Nova edición do curso Estratexias didácticas de educación para a seguridade viaria no ensino non universitario

Gallego

Arranca, por terceiro ano consecutivo, o curso de formación do profesorado "Estratexias didácticas de educación para a seguridade viaria no ensino non universitario" (cód. G1301059). Desta volta impartirase no primeiro trimestre do curso (do 14 de outubro ao 10 de novembro).

Tedes toda a información en FPROFE.

Sección: 

Orde do 1 de marzo de 1991 pola que se dictan normas sobre racionalización do transporte escolar

Gallego

A Orde do 1 de marzo de 1991 pola que se dictan normas sobre racionalización do transporte escolar publicouse no Diario Oficial de Galicia do 14 de marzo de 1991.

Tema: 
Sección: 

Xornadas de educación viaria no Concello de Vigo

Gallego

O Hospital Nuestra Señora de Fátima de Vigo está a desenvolver as "II Jornadas de Educación Vial en los centros educativos de Vigo" co foco nas consecuencias da sinistralidade dos adolescentes. No seu desenvolvemento participan tamén a Policía Local de Vigo e a Delegación Provincial da Dirección Xeral de Tráfico.

Ao longo do curso 2012-13, desde novembro a abril, participarán nesta iniciativa 13 institutos do concello: IES Coruxo, IES do Castro, IES Ricardo Mella, IES Santa Irene, IES Os Rosais 2, IES San Tomé de Freixeiro, IES Politécnico de Vigo, IES de Beade, IES Álvaro Cunqueiro, IES A Guía, IES Castelao, CIFP Valentín Paz Andrade e o IES Alexandre Bóveda. O alumnado destinatario son rapaces e rapazas de 4º da ESO e bacharelato (16 a 18 anos).

O obxectivo destas xornadas é concienciar o alumnado da necesidade de revisar as súas prácticas viarias para contribuír á diminución da accidentalidade a través da prevención e poñer as bases de traballo da educación viaria nos centros participantes.  

Cada centro recibe un seminario de 2 horas e media no que unha responsable da DXT, un policía local de Vigo e un médico asistencial do Hospital de Fátima realizan unha exposición sobre os elevados índices de sinistralidade da provincia de Pontevedra, as causas dos accidentes de tráfico e mais sobre as repercusións destes na saúde das persoas afectadas. Simbolicamente, nas sesións de inicio e peche, participa tamén unha personalidade do ámbito da condución deportiva.

O Hospital de Fátima, pioneiro en formación para a prevención, atende desde a unidade de tratamento de lesionados 7000 persoas accidentadas cada ano, das cales arredor de 750 debe acudir diariamente a rehabilitación. As cifras de tratamento asistencial sitúan no 35 % a atención ás vítimas de accidentes de tráfico neste hospital, o que significa que máis dun terzo dos pacientes deste centro hospitalario acoden por causa dun accidente de tráfico.

Este é o segundo ano que se desenvolve esta iniciativa e xa recibiu o recoñecemento ao seu labor formativo a través do Premio Nacional do Diario Médico, outorgado recentemente en Barcelona.

Hospital Nuestra Señora de Fátima (Vigo)

I Congreso de camiño escolar en Galicia

Gallego

O Concello de Ourense organiza o I Congreso de camiño escolar en Galicia. Esta actividade terá lugar durante a xornada de mañá do vindeiro 12 de decembro no Salón Nobre do Liceo de Ourense.

O congreso está aberto a toda a comunidade implicada na seguridade viaria do nosos alumnado: centros docentes, ANPAS, técnicos municipais, concelleiros, policías lociais, asociacións veciñais, asociacións de comerciantes, asociacións de ciclistas...

 

Camiño escolar
Sección: 

Os centros educativos do Concello de Pontevedra participan na campaña "Ao cole seguros"

O Concello de Pontevedra acaba de iniciar unha nova campaña de educación viaria para os centros de ensino do contorno, desta vez coa colaboración do Real Automóvil Club de España (RACE) e coa empresa de pneumáticos Goodyear Dunlop.

A campaña "Ao cole seguros" aposta pola consecución de tres obxectivos: fomentar comportamentos peonís seguros e responsables entre o alumnado, aumentar o uso dos sistemas de retención infantil e incrementar os niveis de seguridade no transporte escolar. Os centros traballarán estes obxectivos a partir dunha guía multimedia para o profesorado e mais un caderno de actividades para o alumnado. Ademais, repartiranse 2000 petos de alta visibilidade homologados para reducir o risco de atropelo do alumnado.

A campaña presentouse no CEIP A Xunqueira I e inicialmente desenvolverase en 19 centros públicos de primaria de todo o concello.

Gallego
Materiais da campaña "Ao cole seguros"
Sección: