Encontre a súa información...

Cero violencia viaria!: programa de sensibilización viaria para a mocidade en Pontevedra
Mar, 10/11/2015 - 17:48
Logo da campaña

A Policía Local, a Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra e o Vicerreitorado do Campus de Pontevedra están a desenvolver o ciclo OVV! (Cero violencia viaria), un programa de sensibilización sobre as consecuencias dos accidentes de tráfico para a mocidade en Pontevedra. Dentro deste programa desenvolvéronse accións de distinto tipo encamiñadas a informar e sensibilizar a xente nova dos efectos do consumo de alcol e outras drogas sobre a saúde e a condución. Dentro destas actividades desenvolvéronse debates, mesas redondas e outras iniciativas que procuraron integrar o factor formativo, lúdico e deportivo.

Ademais do Concello, da Xefatura Provincial de Tráfico e da Universidade de Vigo, estas xornadas contaron coa colaboración dunha multitude de entidades de índole pública, asociativa e privada co fin de integrar todos os puntos de vista sobre o problema dos accidentes de tráfico.