Gallego

O filme "Camino a la escuela" comeza a exhibirse, tamén en centros de ensino

Gallego

Chega aos cines o documental "Camino a la escuela" (2013), do director francés Pascal Plisson. O documental conta a historia real de tres nenos -Samuel (India), Carlitos (Arxentina) e Jackson (Kenia)- e unha nena -Zahira (Marrocos)- que se enfrontan cunha chea adversidades e perigos cada día para ir á escuela. Estos niños viven en cuatro puntos muy distantes de la tierra, pero comparten las mismas ganas de aprender y son conscientes de que sólo la educación les abrirá las puertas a un porvenir mejor.

Colectivo: 
Sección: 

Premio Mapfre á mellor iniciativa en prevención e seguridade viaria

Gallego

A Fundación Mapfre acaba de convocar os seus premios sociais. Entre as 4 categorías que distingue, ofrece a posibilidade de poñer en valor as iniciativas destacadas no ámbito da seguridade viaria. O "Premio a la Mejor iniciativa en Prevención y Seguridad Vial" ten como finalidade recoñecer unha contribución de iniciativas privadas ou colectivas á redución efectiva da sinistralidade.

Destinatarios: persoas ou entidades (públicas ou privadas) cunha contribución relevante na prevención e redución dos accidentes de tráfico.
Dotación: 30.000 €
Prazo: 1 de febreiro de 2015

Logo Mapfre
Sección: 

Camiño escolar na Coruña

O proxecto ANCAS, promovido por STOP Accidentes e polo Concello da Coruña,  acaba de implantar novas rutas escolares para o alumnado do CEIP Sagrada Familia, CEIP San Francisco Javier e do CEIP Wenceslao Fernández Flórez, que se engaden ás que xa se consolidaron para o CEIP Concepción Arenal.

En conxunto, 300 alumnos e alumnas destes centros camiñan acompañados aos seus centros de ensino cada día grazas a esta iniciativa coa que se fomenta a mobilidade segura dos máis pequenos.

 

 

Gallego
Logo de ANCAS
Sección: 

II Concurso Nacional de Curtametraxe de Seguridade Viaria 2014/15

Gallego

STOP Accidentes promove este concurso dirixido á xente nova para incentivar a creación de contidos multimedia que teñan como finalidade a sensibilización en materia de prevención da sinistralidade.

O prazo estará aberto ata o 11/4/2015. Para obter máis información pódense consultar as bases da convocatoria.

 

 

 

 

Logo de STOP Accidentes

VI Concurso Nacional de Fotografía de STOP Accidentes

Gallego

A ONG STOP Accidentes acaba de publicar as bases do seu Concurso Nacional de Fotografía aberto a toda a poboación. O obxectivo do certame é impulsar xerar un espazo de reflexión sobre a sinistralidade viaria a través da reportaxe fotográfica.

O prazo do concurso estará aberto desde o 1/1/2015 ata o 31/3/2015. Para obter máis información pódense consultar as bases da convocatoria.

 

 

 

Logo STOP Accidentes

III Edición do Concurso de Proxectos de Educación Viaria e de Teatro

Gallego

A Dirección Xeral de Tráfico acaba de publicar as bases do "Concurso de Proyectos de Educación Vial y de Teatro" para o curso 2014-15 para potenciar o desenvolvemento de proxectos de educación viaria en centros de infantil, primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional e educación especial. A convocatoria establece dúas modalidades:

  • Modalidade A: proxectos educativos en centros escolares. Prazo: 15/06/2015.
  • Modalidade B: teatro para persoas con discapacidade. Prazo: 30/06/2015.

Pódense consultar as bases da convocatoria na seguinte ligazón.

 

Logo concurso

Educación viaria en infantil

Gallego

A Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña organiza unha sesión entre expertos relacionados coa ensinanza da educación viaria entre os máis noviños. Entre os participantes estarán a asesora pedagóxica Raquel Navas Hernández (da Dirección Xeral de Tráfico), unha representante de STOP Accidentes, Ángela Jiménez Quirós, e a directora da escola infantil de Montealto, Montserrat Sancho Castro.

Lugar: Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación (A Coruña)

Día: mércores 19 de novembro de 2014

Hora: 16.00 - 20.00

Asistencia: aberta

Logo da Universidade da Coruña
File: 
Colectivo: 
Sección: 

Día Mundial en Recordo das Vítimas dos Accidentes de Tráfico

Gallego

O 3º domingo de novembro celébrase a xornada de homenaxe ás vítimas dos accidentes de tráfico. Co gallo desta conmemoración, as asociacións e os colectivos cívicos concienciados co ámbito da educación viaria realizan actos públicos para lembrar o forte impacto dos accidentes de tráfico.

Pódese obter máis información sobre estas actividades nas páxinas web destes organismos: World Day of Remembrance for Road Traffic Victims, Stop Accidentes e P(A)T-AP(A)T. Como exemplo podemos seguir as actividades que desenvolverá o Colexio Salesiano María Auxiliadora (Ourense) o vindeiro luns 17.

 

PAT-APAT
Sección: 

Concurso “Juvenes translatores”

A Dirección Xeral de Tradución (DG Tradución) da Comisión Europea organiza un concurso de tradución para centros de ensinanza da Unión Europea. O concurso consta de tres fases principais:

  • Preparativos (entre o 1 de setembro e o 20 de outubro de 2014, inscrición empeza e remata nestas datas ás 12:00 horas)
  • Proba de tradución (o 27 de setembro de 2014)
  • Cerimonia de entrega de premios (en Bruxelas na primavera de 2015)

Destinatarios: alumnado nado en 1997 que estean matriculados no centro educativo de un ou varios estados membros da UE.

Para máis información consultar a web que aparece abaixo.

 

Gallego
Concurso “Juvenes translatores”

Guía para a prevención de accidentes no transporte escolar

A Dirección Xeral de Tráfico acaba de poñer ao dispor da comunidade educativa unha "Guía para la prevención de accidentes en el transporte escolar" en formato PDF e mais a través dunha aplicación interactiva. A finalidade deste recurso é dar a coñecer a importancia de desenvolver boas prácticas durante o uso do transporte en autobús que a miúdo utilizan os máis pequenos para acudir ao centro escolar. A guía ofrece algúns datos de interese para o profesorado, que poñen de relevo os datos de maior interese á hora de valorar a incidencia do ámbito do transporte escolar na accidentalidade infantil facendo fincapé na vulnerabilidade do colectivo escolar.

A guía establece tamén, de xeito moi breve, as responsabilidades e as condutas que deben seguir todos os axentes implicados (as familias, os menores, os acompañantes, o docente, o condutor, a policía e a Administración).

Gallego
Al cole sempre seguros
Tema: 
Disciplinas: