Gallego

Concurso de Proxectos de Educación Viaria: 1ª Edición 2012/2013

Gallego

A Dirección Xeral de Tráfico convoca este concurso co obxectivo de potenciar a Educación Viaria nos Proxectos Educativos dos Centros Escolares en Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e Educación Especial, así como unha modalidade de Teatro para Persoas con Discapacidade, dentro do ámbito estatal, para o curso escolar 2012/2013.


Bases:
Poderán participar todos os Centros Educativos de España nos que se impartan ensinanzas non universitarias, conxunta ou separadamente, que presenten proxectos orixinais que foran levados á práctica real e convenientemente avaliados, así como os centros específicos dirixidos a persoas con discapacidade.


Modalidades de participación:

  • Modalidade A: elaboración de Proxectos de Educación Viaria.
  • Modalidade B: deseño e elaboración de materiais e recursos de Educación Viaria vinculados ás novas tecnoloxías da información e da comunicación.
  • Modalidade C: dirixida unicamente a usuarios con algún tipo de discapacidade, escolarizados en centros específicos, integrados en aulas normalizadas, centros ocupacionais ou asociacións diversas. Consistirá na presentación dun guión teatral (escrito e representado).

 

Prazos de presentación: antes do 20 de xuño de 2013.
 

Premios:

  • Modalidades A e B: tres premios de 2000 €; tres accésits de 1000 €; 5 compensacións de 500 €.
  • Modalidade C: Primeiro premio de 2000 €, segundo premio de 1500 € e terceiro premio de 1000 €. Seis accésits de 500 €. Todos os participantes recibirán un pequeno premio.

Para máis información descargar o arquivo anexo.

Concurso de Proxectos de Educación Viaria

Safety Matters, páxina de Renault con recursos educativos sobre seguridade viaria

Gallego

A sección británica da empresa Renault ten en rede unha páxina de recursos moi diversos (en inglés) para traballar a educación viaria. Ofrece cadansúa sección para profesorado, alumnado e familias co fin de que todos os colectivos atopen información adaptada aos seus intereses. Entre outros materiais ofrece normas de circulación, recursos para distintas materias, cuestionarios, xogos en liña, glosario de termos e ligazóns a outros recursos.

Tema: 
Sección: 

VII Concurso de Iniciativas Universitarias "Por unha mobilidade segura" organizado pola DXT e STOP Accidentes

A Dirección Xeral de Tráfico e a ONG STOP Accidentes acaban de botar a andar o VII Concurso de Iniciativas Universitarias “Por unha mobilidade segura” co obxectivo de incentivar a creación de iniciativas, ideas ou proxectos de investigación no ámbito da seguridade viaria que poidan xerar intervencións que contribúan á concienciación dun dos colectivos con maior índice de sinistralidade: a xente nova.
Os destinatarios do concurso son o alumnado que curse estudos nas tres universidades galegas e mais na UNED. Poderán participar a título individual ou en grupo, cun proxecto en formato papel ou audiovisual que deberá ser presentado baixo o sistema de plicas.
O prazo para a presentación dos traballos remata o 23/11/2012. Logo da avaliación dos proxectos, o xurado emitirá un premio e mais un accésit, que se coñecerán a primeira quincena de decembro de 2012.
Aparte de STOP Accidentes e a Dirección Xeral de Tráfico, entre os colaboradores desta proposta figuran as tres universidades galegas, a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Audasa e o Colegio Oficial de Gestores Administrativos de Galicia.

Gallego
VII Concurso de Iniciativas Universitarias "Por unha mobilidade segura"

Real decreto 1428/2003

Gallego

Real decreto 1428/2003, do 21 de novembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de circulación para a aplicación e desenvolvemento do texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade vial, aprobado polo Real decreto lexislativo 339/1990, do 2 de marzo.

 

Tema: 
Sección: 

A educación viaria na LOE: Educación Primaria

Gallego

Nesta etapa o alumnado irá facendo uso das vías públicas fundamentalmente como peón autónomo. Sen embargo, en moitos casos utilizará tamén como viaxeiro medios de transporte como o vehículo familiar ou o autobús escolar e, nalgúns casos, comezará tamén a usar a bicicleta en situacións concretas.
Por outra banda, é preciso desenvolver, especialmente no primeiro ciclo, todos os exercicios da etapa anterior con maior detalle e dar paso a exercicios de maior dominio do espazo.
Partindo do obxectivo xeral de “Fomentar a educación viaria e actitudes de respecto que incidan na prevención dos accidentes de tráfico”, preséntanse a continuación algúns dos obxectivos e contidos prioritarios para o traballo en educación viaria:

Obxectivos:

  • Fomentar a educación viaria e actitudes de respecto que incidan na prevención dos accidentes de tráfico.
  • Coñecer e apreciar os valores e as normas de convivencia e aprender a obrar de acordo con elas.
  • Coñecer e valorar o entorno natural, social e cultural, así como as posibilidades de acción e coidado do mesmo.

Contidos:

  • Coñecemento do medio natural, social e cultural.
  • O bloque 3 (Vivir en sociedade) da materia de Educación para a cidadanía do Terceiro Ciclo inclúe os contidos:
Respecto ás normas de mobilidade viaria.
Identificación de causas e grupos de risco nos accidentes de tráfico (peóns, viaxeiros, ciclistas, etc.).
  • O bloque 4 (Persoas, culturas e organización social) especifica contidos como:
Os desprazamentos e os medios de transporte.
A responsabilidade no cumprimento das normas básicas como peóns e usuarios.
A importancia da mobilidade na vida cotiá.

Criterios de Avaliación:

  • Explicar o papel que cumpren os servizos públicos na vida dos cidadáns e mostrar actitudes cívicas en aspectos relativos á seguranza viaria, á protección civil, á defensa ao servizo da paz e á seguranza integral dos cidadáns.
Alumnado de Primaria no Circuíto de Educación Viaria no CEIP Atín-Cela de Mos
Tema: 
Sección: 

Nun segundo...cambia a túa vida: Campaña de sensibilización ante as consecuencias dos accidentes de tráfico

Gallego

"Nun segundo... cambia a túa vida" é un documental que forma parte dunha campaña informativa para conseguir a sensibilización da sociedade ante a realidade dos accidentes de tráfico e as súas consecuencias, conseguindo, a través dun audiovisual, unha maior concienciación sobre este problema que nos pode afectar directamente.
O documental amosa de primeira man as experiencias de varios rapaces que teñen unha discapacidade derivada dun accidente de tráfico.

Obxectivos:    

  • Sensibilizar a xente nova sobre os perigos dunha condución imprudente.
  • Concienciar da obriga de ser bos condutores, e de que iso esixe o cumprimento das normas.
  • Recoller a través do cuestionario as condutas e as actitudes da xente nova ante a condución, a estrada e a seguridade viaria.

Destinatarios e requisitos da actividade:

  • A actividade diríxese, durante o curso escolar 2011-2012 ao alumnado de 4º de ESO, bacharelato, ciclos formativos, PCPI etc.

A actividade consta de tres partes cunha duración dunha hora aproximadamente:

  • Presentación da actividade polo titor ou a titora que realicen a actividade.
  • Visión do documental.
  • Formalización e envío do cuestionario.

Materiais da campaña:

Vídeo "Nun segundo...cambia a túa vida"

 

 

Cuestionario para o alumnado

Díptico informativo

Información para o profesorado

Ficha de seguimento para o profesorado responsable da actividade

Nun segundo...
Sección: 

Estudo sobre accidentes en peóns "Prioridades en España na Seguridade dos peóns: nenos, adultos e maiores"

Traballo que analiza, con certo nivel de profundidade, a siniestralidade xeral dos peóns no período 2005-2010 e as estatísticas detalladas relativas a atropelos sucedidos en España entre 2005 e 2009.
A análise está dividida en tres grupos de idade: nenos de 0 a 14 anos de idade, adultos entre 15 e 64 anos, e persoas maiores a partir de 65 anos. O estudo presta especial atención á siniestralidade de nenos peóns así como a destacar as diferenzas entre os citados tres grupos de idade.
O obxectivo principal do estudo é describir, o máis obxectivamente posible, as circunstancias nas que se producen os accidentes. O obxectivo final do traballo é que a información poida ser utilizada no futuro para o deseño ou priorización de medidas que melloren a seguridade viaria dos peóns.

Documento completo PDF (8392 Kb)

Gallego
MAPFRE/Instituto de Seguridad Vial
Sección: