Gallego

Difúndese nos centros o filme documental "Camino a la escuela"

Gallego

No mes de xaneiro estreouse nos cines o documental "Camino a la escuela", do director francés Pascal Plisson. Arredor desta produción desenvolveuse un proxecto educativo apoiado pola UNESCO, UNICEF, Obra Social La Caixa, Fundación Atresmedia e Europamundo.

O documental conta a historia real do reto que deben afrontar catro pequenos de países diferentes para poder asistir á escola. Trátase dunha visión diferente do camiño escolar, certamente difícil e perigoso en moitos países do mundo.

 

 

Carátula da película

Día Mundial en Recordo das Vítimas dos Accidentes de Tráfico

Gallego

O 3º domingo de novembro celébrase a xornada de homenaxe ás vítimas dos accidentes de tráfico. Co gallo desta conmemoración, as asociacións e os colectivos cívicos concienciados co ámbito da educación viaria realizan actos públicos para lembrar o forte impacto dos accidentes de tráfico.

Pódese obter máis información sobre estas actividades nas páxinas web destes organismos: World Day of Remembrance for Road Traffic Victims, Stop Accidentes e P(A)T-AP(A)T. Como exemplo podemos seguir as actividades que desenvolverá o Colexio Salesiano María Auxiliadora (Ourense) o vindeiro luns 17.

 

PAT-APAT
Sección: 

Guía para a prevención de accidentes no transporte escolar

A Dirección Xeral de Tráfico acaba de poñer ao dispor da comunidade educativa unha "Guía para la prevención de accidentes en el transporte escolar" en formato PDF e mais a través dunha aplicación interactiva. A finalidade deste recurso é dar a coñecer a importancia de desenvolver boas prácticas durante o uso do transporte en autobús que a miúdo utilizan os máis pequenos para acudir ao centro escolar. A guía ofrece algúns datos de interese para o profesorado, que poñen de relevo os datos de maior interese á hora de valorar a incidencia do ámbito do transporte escolar na accidentalidade infantil facendo fincapé na vulnerabilidade do colectivo escolar.

A guía establece tamén, de xeito moi breve, as responsabilidades e as condutas que deben seguir todos os axentes implicados (as familias, os menores, os acompañantes, o docente, o condutor, a policía e a Administración).

Gallego
Al cole sempre seguros
Tema: 
Disciplinas: 

Proposta didáctica para a película "A pesar de todo, quérote"

Gallego

Xa está ao dispor da comunidade educativa a proposta didáctica para traballar na aula a película A pesar de todo, quérote. A proposta preséntase en Moodle desde a Aula Abalar acompañada do telefilme, que se ofrece en streaming para a súa emisión gratuíta nos centros de ensino. Esta unidade didáctica arranca cunha pequena introdución técnica sobre o seu funcionamento didáctico e logo ofrece a través de cinco módulos os contidos que se van desenvolver; complétase cos recursos que poden favorecer o labor do profesorado e remata cunha proposta de traballo para afondar na educación viaria como proxecto de centro.

En canto aos contidos, a proposta de traballo que se ofrece centra o seu foco de atención sobre o tratamento da educación en valores, facendo fincapé na educación emocional, na educación viaria e mais na educación para a saúde. A metodoloxía de traballo que se propón é a realización de actividades antes, durante e despois do visionado do filme para afondar logo no desenvolvemento da aprendizaxe. Ao final de cada módulo ofrécese unha tarefa que contribúa ao afianzamento do coñecemento adquirido co espírito do traballo por proxectos. Debido á sensibilidade dos temas que se tratan na película, son as actividades as que van orientando o alumnado para que constrúan pouco a pouco as relacións que existen entre a inmadurez emocional, os factores de risco, as condutas nocivas... a partir das súas sensibilidades, das súas experiencias e dos seus intereses.

Ademais, a unidade aborda o tratamento da linguaxe cinematográfica para achegar o cine como recurso didáctico para comprensión da nosa realidade cotiá e de nós mesmos. A verosimilitude da ficción representada, a idade dos personaxes protagonistas e a actualidade dos temas abordados ofrecen un marco de traballo óptimo para que o alumnado se achegue con curiosidade aos produtos audiovisuais con sentido crítico e mais con interese estético.

A pesar de todo, quérote (2011) foi dirixida por Jorge Algora e cedida pola súa produtora, Adivina Producciones, para o desenvolvemento desta proposta didáctica nos centros de ensino.

Secuencia
Colectivo: 

Presentación de "A pesar de todo, quérote" na TVG

Gallego

O venres 6 de decembro, ás 16.45, estrearase o telefilme A pesar de todo, quérote. Esta produción galega, dirixida por Jorge Algora, trata das consecuencias físicas e emocionais que sofren un grupo de amigos tras sufrir un accidente de tráfico. Catro anos despois do sinistro, as súas vidas seguen a arrastrar as secuelas dun feito que cambiou as súas vidas para sempre.

A película poderase tamén ver de xeito gratuíto nos centros de ensino públicos de Galicia a través da Aula Abalar, que tamén ofrece unha proposta de explotación didáctica para alumnado a partir de 3º da ESO.

 

 

Presentación da película na Cidade da Cultura.
Tema: 
Colectivo: 
Sección: 

Recursos didácticos para a mobilidade infantil na web do CENEAM

No seu sitio web, o Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM) do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente ofrece unha carpeta de recursos didácticos de moi distinto tipo para traballar a mobilidade sostible na infancia.

 

 

Gallego
CENEAM
Tema: 
Colectivo: 

Recursos para impulsar a mobilidade infantil

O Concello de Pontevedra pon ao dispor da comunidade educativa varios documentos que dan a coñecer a experiencia da cidade na posta en práctica dos camiños escolares en 7 dos 12 colexios de primaria da cidade: CEIP Álvarez Limeses, CEIP Praza de Barcelos, CEIP Froebel, CPR Plurilingüe Nuestra Señora de los Dolores, CEP Campolongo e CEIP Manuel Vidal Portela. En total, dos 1942 alumnos matriculados nestes centros, 880 van á escola a pé acompañados por un  adulto e 412 van a pé sós, o que dá conta claramente do éxito desta iniciativa, que constitúe a intervención de camiño seguro máis importante de Galicia. Por esta razón, esta experiencia de innovación educativa pode servir de modelo para todos aqueles centros que queiran desenvolver actuacións semellantes encamiñadas a favorecer a autonomía dos máis pequenos e a súa integración no medio en que viven.

 

Gallego
Materiais das xornadas de estudo "Infancia e cidade"
Tema: 
Sección: 

O repositorio de recursos do espazoAbalar supera os 1000 contidos dixitais con traballos e aportacións de docentes de toda Galicia

Coa nova actualización do repositorio de recursos de Abalar alcánzanse os 1006 contidos procedentes, nesta ocasión, dunha selección de premios a contidos dixitais de convocatorias de anos anteriores, traballos de convocatorias PALE na súa fase C de creación de contidos do último ano e anteriores e, sobre todo, de aportacións e suxestións de docentes de toda a Comunidade que, mediante o procedemento aberto de cesión de materiais, fan que este almacén medre mes a mes e responda aos intereses e necesidades de toda a comunidade educativa.

Nesta nova actualización vense de incluír o primeiro contido en lingua alemana, co cal o repositorio filtra na actualidae en seis linguas: galego, castelán, inglés, francés, portugués e alemán.

Novos recursos publicados por orde alfabética:

Finalmente, aquelas persoas que elaboran material educativo e están interesadas en ceder este material para o seu uso no repositorio de contidos dixitais do espazoAbalar, dispoñen dun procedemento no que se explican os pasos a seguir.(Acceder ao procedemento)

Gallego
Repositorio Abalar
LOM Media: 
LOM Sistema de representación de información: 

"O encerado dixital na aula CLIL: Imperialism and World War I" do CPI Cernadas de Castro, Lousame (A Coruña) 2º premio de Innovación Educativa 2010 Modalidade a (Fomento do plurilingüismo) E. Secundaria/Bacharelato

Gallego

Sinopse:

Unidade didáctica de Historia realizada utilizando o software do encerado dixital Smart Board e pensada para unha Sección Bilingüe de inglés de 4º de ESO. A unidade está elaborada segundo a metodoloxía CLIL, e inclúe unha guía do profesor así como diverso material audiovisual.

Autora: Clara Cristela Rodríguez Núñez

Nivel: 4º curso de ESO, Ciencias Sociais, Xeografía e Historia.

Materiais (anexos):

  • Memoria do proxecto
  • Guía do profesor/ Teacher's guide
  • Actividade Notebook: "Imperialism"
  • Presentación: "The Great War" (recoméndase usar PowerPoint 2007)
  • Presentación: "Colonialism" (recoméndase usar PowerPoint 2007)
  • Arquivos de son: "Stalin"
The Great World
Sección: 
LOM Media: 
LOM Sistema de representación de información: