Gallego

XIII Premio ConBici de mobilidade sostible 2015

A Coordinadora Conbici convoca o "XII Premio ConBici a la Movilidad Sostenible" co fin de recoñecer a persoas ou organizacións que destacen polo seu labor a prol da promoción e da defensa da mobilidade sostible. A presentación de candidaturas rematará o vindeiro 12 de outubro de 2015.

Para obter máis información e ler as bases pódese consultar a páxina de ConBici.

Gallego
Logo ConBici

Semana Europea da Mobilidade 2015

Gallego

Do 16 ao 22 de setembro terá lugar a celebración da Semana Europea da Mobilidade. Esta iniciativa xurdida en 2002 procura promover políticas e accións encamiñadas á redución do uso dos vehículos de motor nas cidades.

Entre as 1404 cidades e vilas europeas que están adheridas a esta iniciativa figuran Burela, O Barco de Valdeorras e Vigo. Fóra destas iniciativas concretas, outros moitos concellos e centros de ensino de Galicia están a preparar actividades para a celebración deste evento: A Coruña, Lugo, Santiago de Compostela, Vilagarcía de Arousa.

Pódese consultar na páxina do CENEAM algúns contidos de interese sobre o desenvolvemento desta iniciativa a nivel estatal.

Logo da Semana Europea da Mobilidade

Arranca a Semana Europea da Mobilidade 2015

A Semana Europea da Mobilidade, unha iniciativa xurdida en 2002, celébrase anualmente entre os días 16 e 22 de setembro co fin de desenvolver actividades enmarcadas no ámbito da  mobilidade sostible. O obxectivo principal desta iniciativa é reducir o uso dos vehículos motorizados nas cidades e apelar ás autoridades locais para que desenvolvan políticas e accións encamiñadas ao cambio nos hábitos de mobilidade. A iniciativa "Día sen Coches" insírese nesta iniciativa.

Neste ano participan 1389 cidades de toda Europa, entre elas Burela, O Barco de Valdeorras e Vigo.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                               
 

Undefined
Logo da Semana Europea da Mobilidade

Pecha a III Semana Mundial da Seguridade Viaria Infantil

Gallego

Do 4 ao 10 de maio celebrouse a III Semana Mundial da Seguridade Viaria, instaurada polas Nacións Unidas para protexer a seguridade e os dereitos das persoas fronte aos accidentes de tráfico. Esta terceira edición centrou o seu obxectivo en poñer o foco no perigo que corren os máis pequenos nas estradas e na necesidade de adoptar medidas que melloren a súa seguridade. A ONU recorda que cada día perden a vida máis de 500 nenos en accidentes de tráfico en todo o mundo.

Dentro dos actos promovidos desde a ONU destaca a "Declaración dos nenos para a Seguridade Viaria" e a campaña "Save Kids Live" (que inclúe materiais de promoción en inglés, francés e español; a pancarta para facer os selfies está dispoñible en 8 linguas). Inspirados nesta campaña, distintos concellos e centros de ensino desenvolveron actividades para que os máis pequenos puidesen gozar da vía pública sen perigo, entre eles o Concello de Cambados, o CEP de Sequelo-Marín (Marín), o CEIP Vilaverde-Mourente (Pontevedra).

Por outra banda, a Dirección Xeral de Tráfico celebrou en Madrid a organización das súas xornadas, con eventos institucionais, actividades pedagóxicas, e presentación de materiais; entre eles, a presentación da campaña de educación viaria dos Bolechas para o ámbito estatal.

Logo da campaña

O CENEAM publica as conclusións do último seminario de mobilidade e infancia

Gallego

O CENEAM acaba de publicar os documentos e as conclusións do III Seminario "Movilidad e Infancia", que tivo lugar na súa sede en Valsaín (Segovia) do 27 ao 29 de outubro de 2014. Pódese consultar toda a documentación na seguinte ligazón.

Logo CENEAM
Colectivo: 

Difúndese nos centros o filme documental "Camino a la escuela"

Gallego

No mes de xaneiro estreouse nos cines o documental "Camino a la escuela", do director francés Pascal Plisson. Arredor desta produción desenvolveuse un proxecto educativo apoiado pola UNESCO, UNICEF, Obra Social La Caixa, Fundación Atresmedia e Europamundo.

O documental conta a historia real do reto que deben afrontar catro pequenos de países diferentes para poder asistir á escola. Trátase dunha visión diferente do camiño escolar, certamente difícil e perigoso en moitos países do mundo.

 

 

Carátula da película

Guía da DXT para traballar a educación viaria en familia e nos centros de ensino

Gallego

A Dirección Xeral de Tráfico do Ministerio de Interior acaba de publicar "Programa de educación vial para padres y profesores de educación secundaria. Guía de Padres".


Nesta guía, que poden aproveitar as familias e os docentes do alumnado de secundaria, faise fincapé nas características que converten aos adolescentes en persoas de risco no ámbito da accidentalidade viaria e identifícanse os elementos sobre os que se debe construír o discurso de educación viaria enfocada a este colectivo.


Pódese descargar o volume na seguinte ligazón.

Tema: 
Sección: 

Premio a campañas de mobilidade sostible

A "Red de Ciudades que Caminan / Rede de Cidades que Caminham" organiza, en colaboración co CENEAM, organiza a campaña "Mi cole camina". O eixe central da campaña é a realización dun concurso co que se quere premiar a iniciativa dos centros educativos con interese na mobilidade sostible e que estean situados en concellos ahderidos á rede. A iniciativa pode partir de calquera membro da comunidade educativa pero debe cursala a Dirección do centro educativo.

Para máis información pódese consultar a seguinte ligazón.

 

 

 

 

Gallego
Cartel de Mi Cole Camina

A DXT presenta en Ames a súa nova campaña de educación viaria para primaria cos Bolechas como protagonistas

Gallego

A Dirección Xeral de Tráfico do Ministerio de Interior presentou en Ames a súa nova campaña estatal de educación viaria.

A campaña estará pensada para traballar a mobilidade segura co alumnado de infantil a través de 5 lecturas protagonizadas polos Bolechas:Os Bolechas van á escola, Os Bolechas van en bicicleta, Os Bolechas van en autobús, Os Bolechas van pola rúa, Os Bolechas van en coche.  

 Os materiais da campaña incluirán a guía para o profesorado e unha web de referencia que conterá outras actividades e xogos interactivos.

 

Os Bolechas saudan o helicóptero Pegasus

III Edición dos Premios Nacionais de Curtametraxes de Educación Viaria

Son premios organizados por RACE (Real Automóbil Club de España) e Goodyear , e que teñen como obxecto a promoción da seguridade viaria e a cultura nos escolares de Educación Primaria de toda España.  Esta iniciativa conta co apoio institucional do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a Dirección Xeral de Tráfico, a Fiscalía de Seguridade Viaria, a Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas, e o Instituto de Cinematografía e Artes Audiovisuais.

O concurso está dirixido a todos os centros do territorio español que presenten curtametraxes  realizados por un “responsable de grupo” maior de idade e un grupo máximo de 8 alumnos/as de primaria, representando situacións coas que o alumnado presenta camiño ao centro, xa sexa como peóns, ciclistas, pasaxeiro de transporte escolar ou privado.

Prazo de presentación das curtametraxes:  15 de maio de 2015 ás 17:00 horas.

Máis información no enlace achegado.

Gallego
Cartel dos Premios Nacionais de Curtametraxes de Educación Viaria