2ºESO
Hoxe poidemos disfrutar dun fantástico festival de entroido. Felicitar ao alumnado do noso centro que traballou moitísimo e con gran ilusión creando unhas coreografías e actuacións de gran nivel. Parabéns a todos e que disfrutedes dun feliz entroido. Vémonos o xoves!
Ao fio dun proxecto do departamento de Educación Física sobre reducir o excesivo peso das mochilas escolares recuperamos o interesantísimo traballo de investigación sobre hábitos saúdables premiado hai dous anos no noso certame de Premio de Investigación Científica. Un interesante estudo que segue a estar mais vixente ca nunca e que foi elaborado por Alba García, Soraya Lorenzo, Alicia Fernández e Nerea Leis. Animámosvos a leelo con calma e facervos as preguntas que nel se facían.
No traballo se estudaban e aclaran aspectos coma:
-Hábitos de sono e descanso
-Hábitos alimentarios
-Tipos de alimentos saudables
-Tempo adicado ao exercicio físico
-Hábitos posturais
-Uso da mochila escolar
-Uso do móbil
-Consumo de tabaco e alcohol
ATENTOS!. Se vos gusta o periodismo, a investigación e a televisión comprometida coa sociedade. As entidades AGARESO (asociación galega de reporteiros solidarios) e Asamblea de Cooperación pola paz desenvolverán un obradoiro de televisión gratuíto para alumnado e profesorado do centro. Dito obradoiro desenvolverase os xoves 7, 14, 21, 28 de febreiro e 7 e 14 de marzo, de 16 a 18 horas dentro do proxecto "Escolas sen racismo, escolas para a paz e o desenvolvemento" do que o noso centro forma parte.
Nas distintas sesións abordarase a parte técnica do proceso audiovisual (cámara, micrófono, iluminación) e tamén a parte dos contidos, partindo da importancia de traballar un bo guión e a variedade de formatos que se poden utilizar, sempre baixo o enfoque da comunicación para o cambio social (temáticas de xénero, medio ambiente, dereitos humanos, etc.) e intentando que o obradoiro sexa unha ferramenta de transformación social para o IES Xulián Magariños e para Negreira.
O alumnado interesado ten dispoñible como adxunto un modelo de autorización que deberá estar asinado polo pai/nai/titor legal no caso de que sexa menor de idade e ser entregado a Orientación ou en Vicedirección.
Os nosos mellores desexos para un Nadal feliz e un próspero 2019.
(lettering por Valeria Torreira, árbore e adornos alumnado de 2º ESO en tecnoloxía e impresión 3D)
E aquí tedes unha felicitación de Nadal animada
(Feito con Scratch na materia de Programación de 2º ESO. Pulsar espazo para comezar. Mover o rato para interaccionar coa animación)
Co gallo do Día Internacional das persoas con Discapacidade o alumnado infórmase sobre a orixe do alfabeto Braille e xa o está usando para escribir mensaxes motivadoras.
O departamento de Tecnoloxía por outra banda nos mostra como as impresoras 3D do centro tamén son unha ferramenta ideal para elaborar material adaptado a persoas con discapacidade visual. Os principios do deseño universal ou inclusivo son algo que hai que ter en conta dende o principio cando se deseña un producto.
Este xoves e venres o departamento de Orientación organiza unha serie de obradoiros para ESO e ciclo de FPB co obxecto de axudar a previr conductas adictivas.
Hoxe un grupo de alumnos procederon á lectura pública dos Dereitos da Infancia. Aprobados na ONU o 20 de Novembro de 1959, hai case 60 anos, seguen estando plenamente vixentes e xustificados. Aínda hoxe están lonxe de ser respectados en moitos países, incluído o mal chamado primeiro mundo. Os alumnos reflexionaron sobre eles e fixeron pequenas modificacións para adaptalos á realidade do século XXI. Bo traballo!
O xoves o alumnado de 3º e 4º ESO foi a Coruña a disfrutar da obra de teatro " Don Juan Tenorio" e visitar varios museos DOMUS, MUNCYT) acompañados dos profesores Ana Barrientos, Natalia Freire, Susana Madrea e Pedro Núñez. Ata tiveron tempo de achegarse a torre de Hércules. Unha excursión moi completa.
E o venres, o alumnado de 1º e 2º de ESO poido asistir a unha sesión interactiva sobre cultura americana organizada polo departamento de inglés.