2ºESO
O vindeiro venres, día 23, o alumnado de 2º de ESO realizará unha visita ao complexo medioambiental do Barbanza, organizada polo Departamento de Física e Química. Sairán en dous turnos, un primeiro á primeira hora, con volta ao redor das 11 (2º A e B) e un segundo saíndo ás 11:35 e con volta a última hora (2º C e agrupamento).
A fase de centro terá lugar o vindeiro luns 29 de xaneiro no salón de actos. Poderá participar alumnado de 2º ESO. Con posterioridade virán as fases rexional e nacional onde esperamos que o noso alumnado xogue un destacado papel, como en anos anteriores.
Alumnado de 2º de ESO participa no campionato escolar en Outes. Se queredes ver máís fotos, xa sabedes: "no feisbuc"
Concerto didáctico para 1º e 2º ESO ofrecido polo coro Son Elas. Amosarán o proceso de artellamento dunha formación coral contemporánea usando todas as ferramentas que as novas tecnoloxías ofrecen.