Act. Complementarias
O Salón de Plenos da Casa do Concello acolleu hoxe a entrega de diplomas a unha nova promoción de alumnado do Servizo de Mediación do Instituto Xulián Magariños, nun acto presidido polo alcalde, Jorge Tuñas Caamaño e no que tamén participou o director do IES, Adelino Pose Reino, así como as profesoras Begoña Cortés e Kety Lois, do Departamento de Orientación.
Para ver a noticia completa clica na seguinte imaxe:
Para ver as fotos da actuacción musical de Anne Tooming o venres 14 de outubro, clicar na seguinte imaxe:
Para ver as fotos da Conferencia de VICTORIA OTERO ESPINAR, Decana da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela: "Hai algún matemático ou matemática na sala?", e da Presentación do Premio Científico Victoria Otero Espinar, clicar na seguinte imaxe:
O IES Xulián Magariños, en colaboración co Concello de Negreira, organizará nos próximos días unha serie de actos para celebrar o inicio de curso e presentar a nova edicción do Premio Científico, que este ano leva o nome de Dna. Victoria Otero Espinar, decana da facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.
O martes 11 de outubro pola tarde terá lugar a presentación do premio científico e a conferencia de Dna. Victoria Otero Espinar.
O venres 14 de outubro, as 13:30 horas poderemos disfrutar dunha actuación musical a cargo da compositora, directora e pianista estonia Anne Tooming.
Podedes consultar toda a información nos arquivos adxuntos.
O vindeiro martes, nas dúas horas da tarde, o departamento de informática organiza unha charla sobre Información Xeográfica Libre e Openstreet Map.
Acudirá o alumnado de ASIR e 2º BAC ao completo, e o de 4º e 1º de BAC só os de TICs.
Prégase aos profesores que tiñan clase cos grupos completos que os acompañen no salón de actos durante a actividade.
Traballo titulado Auga en Ons, gañador do PREMIO HUMANÍSTICO RUBÉN LOIS GONZÁLEZ, do que son autores os alumnos do curso de 2º Bacharelato - A, D. Alberto Caamaño Noya, e D. Daniel Manteiga Rodríguez.
Para ver o traballo clica na imaxe: