Act. Complementarias
Unha boa oportunidade para adoptar hábitos saudables e variar a merenda de media mañá! Durante toda a semana teremos a posibilidade de probar diferentes froitas e lembrar a importancia deses alimentos na dieta. Hoxe: Plátano
A. ENCONTRO CON ESCRITORES
B. RINCÓN DE LECTURA. MARTES 25
Actividade deseñada polas rapazas que levan os recreos lúdicos, que consistirá en sacar material da biblioteca aos corredores (sofás, coxíns, cómics, revistas...) durante os recreos deste martes, e organizar unha gymkana nun deles.
C. ESCAPARATE ALUSIVO
Deseñado e feito polo alumnado do Ciclo Medio de Comercio coordinado polo profesor Alejandro Guntiñas. No 1º Andar Edificio Principal.
D. Exposición e venda de libros (xoves 4 de maio)
Hoxe tivo lugar unha interesantísima charla sobre violencia de xénero impartida por dous axentes da Policía Autonómica a quen agradecemos moitísmimo á súa presenza e os seus consellos.
Hoxe desenvolveuse unha actividade sobre a historia da alimentación en Galicia, para o alumnado de historia contemporánea, coordinado polo doutorando da USC Pablo Brocos e polo profesor da materia Amancio Liñares. Fíxose unha análise de varios textos sobre esta temática, que logo se poñerán en común.
O venres 24 de febreiro a 5ª e 6ª horas tivo lugar o tradicional festival de entroido con concurso de disfraces incluído. Participou o alumnado de ESO, FP Básica y Ciclo Medio de Comercio.
BASES DO CONCURSO DE DISFRACES