O IES Xulián Magariños foi un dos seleccionados e participará con outros 35 centros de varias autonomías de España nun completo programa educativo para formar a xuventude na importancia do aforro enerxético , realizando entre outras actividades unha auditoría enerxética do seu centro educativo.
O vindeiro martes 14 de novembro o alumnado de 3º de ESO viaxará a A Coruña para coñecer os museos científicos da cidade acompañado por profesorado dos departamentos de Tecnoloxía e Ciencias Naturais.
O vindeiro martes 7 de novembro o alumnado de 1º de ESO viaxará a A Coruña para coñecer os museos científicos da cidade. Organiza o departamento de CCNN
O IES Xulián Magariños mantivo hoxe as 12: 00 un paro de cinco minutos e un minuto de silencio para mostrar a súa repulsa polos criminales actos incendiarios destes últimos días e en lembranza das persoas falecidas.
O alumnado de 3º de ESO viaxa á Ría de Vigo para visitar o Museo do Mar, o castro e o Museo Massó.
Lembrámosvos neste novo curso escolar, que ademais do teléfono contra o acoso escolar posto en marcha polo Ministerio de Educacion, Cultura e Deporte
900 018 018
o IES Xulián Magariños pon a disposición da súa comunidade educativa outra canle para facilitar a loita contra este tipo de violencia. Trátase dunha dirección de correo electrónico na que calquera persoa que teña coñecemento de un caso de acoso escolar ou ciberacoso poderá informar do mesmo de forma que a dirección do centro e os reponsables de convivencia do mesmo podan actuar o antes posible, garantíndose en todo momento a confidencialidade dos datos recabados.
O correo electrónico é:
acosoescolariesxm2016@gmail.com
O alumnado de 2º ESO asistirá o próximo xoves 5 de outubro ao concerto didáctico que dará o grupo "Il quartetto improvviso" de Savona (Italia) no auditorio da casa de cultura de Negreira.
Podedes disfrutar dalgunha das súas actuacións que se poden atopar en internet clicando aquí.