Xa está no blog do departamento matemáticasxm a convocatoria deste ano dos concuros de adiviñas. Ánimo e moita sorte.
Matemáticas.Novas
Concursos "ADIVIÑAS"
Lembrade que o prazo de entrega para os concursos "Adiviña, adiviña..." e "Adiviña quen son"" remata o venres 7 de xuño. Non esquezades indicar no sobre, cando o entreguedes en secretaría, indicar para cal dos dous concursos é.
Como ben sabedes toda a información está no blog do departamemto: MatemáticasXM.
Concurso "Matemáticas na música" 4ª edición
O departamento de matemáticas convoca a 4º edición do concurso "Matemáticas na música". Para consultar as bases pincha http://matematicasxoanmontes.blogspot.com.es/
Entrega de premios dos concursos das adiviñas
.O xoves, día 20 de xuño, tivo lugar a entrega de premios dos concursos das adiviñas. Ó de "Adiviña, adiviña" foi compartido por Juan Atanes e Álvaro Pereira e ó de "Adiviña quén son" foi para Pedro Pereira. Felicitacións para os tres.
Gañadores da 3ª edición dos concursos de adiviñas
O gañadores de "Adiviña, adiviña..." son:
Juan Atanes Conde de 2ºA de E.S.O. e Álvaro Pereira Argiz de 2ºB de E.S.O.
O gañador de "Adiviña quén son" é:
Pedro Pereira Argiz de 4ºA de E.S.O.
Parabéns para todos e o agradecemento do Departamento de matemáticas a todos por participar.
Adiviñas 2012
Entrega de premios da 3ª edición de "Matemáticas na música"
Parabéns para Sara , Silvia e Marta gañadora e finalistas, repectivamente desta edición.
Para sabera máis e escoitar a canción preme aquí.
Gañadoras da 3ª edición de "Matemáticas na música"
A gañadora deste ano é Sara Rodríguez Ron de 3ºA de E.S.O, quedando finalistas Marta Salgado Castelo de 2ºA de BAC e Silvia Blanco Yebra de 3ºA de E.S.O.
Parabén para elas e tamén para todos os que participaron, todas as cancións presentadas eran de gran calidad e merecían gañar.
A entrega de premios será a volta das vacacións de Semana Santa e tamén a publicación das cancións.
Premio Abel 2012
O matemático húngaro Endre Szemerédi recibe este ano o Premio Abel, concedido cada ano pola Academia Noruega das Ciencias e das Letras, polos seus estudos de matemática discreta que é unha parte das matemáticas fundamental na ciencia da computación.
Para ler máis:
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/03/21/actualidad/1332336584_537937.html
Unha fórmula matemática para explicar a forma dunha coleta
Un grupo de científicos da Universidade de Cambridge acaba de publicar unha teoría matemática na que exlpica a forma do cabelo cando o peinamos nunha cola de cabalo.
Para saber máis:abc
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »