Skip to Content

Matemáticas na música (3ª edición)

Bases do concurso MATEMÁTICAS NA MÚSICA (3ª edición)

A Departamento de matemáticas do IES Xoán Montes convoca un concurso entre o alumnado do centro para buscar cancións relacionadas coas Matemáticas de acordo coas seguintes bases:
1- Os participantes deben ser alumnos do IES Xoán Montes no ano escolar 2011/2012
2- As cancións presentaranse da seguinte forma:
  • I) A canción grabada en CD, DVD ou indicando o enlace de internet a goear.com, youtube, etc.
  • II) Letra da canción en versión orixinal e traducida, se é o caso, a galego ou castelán valorarase a calidade da tradución).
  • III) O material que figura nos dous puntos anteriores introducirase nun sobre grande no que deberá figurar fóra o seudónimo do participante e o curso no que está (non o grupo). Dentro deste sobre grande ademáis introducirase outro sobre máis pequeno cos datos do participante (nome, apelidos, curso e grupo) e entregarase en secretaría.
3- O prazo de admisión pecharase o 27 de febreiro de 2012
4- O xurado estará composto polos profesores: Jesús Calvo Rovira,Mª Luisa Arias López, Mª Dolores Vázquez López e Mª Teresa Vázquez Cadavide. O fallo será inapelable e emitirase o 28 de marzo. O xurado pode declarar o premio deserto.
5- A canción gañadora e todas as finalistas publicaránse na páxina do Departamento de Matemáticas.
6- Quedan excluidas do concurso as cancións finalistas das edicións anteriores.
PREMIO: un pen drive de 16 GB.
Para ver as cancións de edicións anteriores podes mirar na páxina: Matemáticas.Novas


page | by Dr. Radut