Pois hoxe 23 de maio alá fomos a informarnos todo o alumnado de 4º de ESO coas súas titoras e a orientadora.
O obxectivo deste evento, organizado polo Pazo de Feiras e Congresos de Lugo e coorganizado pola Xunta de Galicia, é proporcionar información, asesoramento e orientación para facilitar unha elección axeitada a todas aquelas persoas que se enfrontan á toma de decisións relativa ao seu futuro educativo e profesional.
A variada oferta dispoñible en FP e en ensinanzas de réxime especial da contorna está representada polos centros integrados de FP CIFP As Mercedes (Lugo) , CIFP Politécnico de Lugo e CIFP Porta da auga (Ribadeo); polos institutos IES Monte Castelo (Burela), IES da Terra Chá, José Trapero Pardo (Castro de Rei), IES de Foz (Foz), IES *Sanxillao (Lugo), IES Lucus Augusti (Lugo), IES San Rosendo (Mondoñedo). ), IES A Pinguela (Monforte de Lemos) e IES Río Cabe (Monforte de Lemos); polo Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, o Conservatorio Superior de Música Xoán Montes (Lugo), a Escola Oficial de Idiomas de Lugo e a Escola de Artes e Deseño Ramón Falcón.
Tamén había información de outras opcións como a Garda Civil, a Armada ou distintas Universidades.
Variada información para o gran abano de posibilidades que ten o alumnado.
Imaxes de Beatriz López CC BY-SA