Uxío Novoneyra

 novoneyra No mes de maio estiveron expostos os traballos que o alumnado de 3º ESO elaborou sobre Uxío Novoneyra. A mostra, composta por diversos paneis nos que se reflectían episodios da vida e obra do autor, foi visitada por numeroso público. Parabéns aos autores da mostra!!.
<foto1>  <foto2>  <foto3>  <foto4>  <foto5>  <foto6>

Correlingua: Galego - A Forza do noso amor.

  O 3 de maio nas rúas de Santiago celebrouse a edición 2010 do Correlingua.Esta proposta de carácter lúdico,educativo e reivindicativo da lingua galega contou coa participación de preto de 100 rapaces e rapazas do noso instituto.
<foto1>  <foto2>  <foto3>  <foto4> 

Calendario fin de curso 2º BACH







 

Pincha nestas ligazóns para descargar os documentos que precises.
Calendario final 2º BACH
Modelo reclamación avaliación

Modelo reclamación final

INFORMACIÓN ALUMNADO -  2º BACHARELATO

Visita Atapuerca

  Un grupo de 26 alumn@s de 3º ESO e 1º BACH, visitaron as escavacións arqueolóxicos da Serra de Atapuerca (20-23 maio). Durante a mesma realizaron numerosas actividades nestes importantes xacimentos que son unha referancia no estudo e presenza da evolución humana en Europa.
 

Prazas de residencias

   Xa está aberto o prazo para solicitar prazas de residencia en Coruña, Vigo e Ourense para o vindeiro curso 2010/2011.O alumnado candidato a estas prazas é aquel que vaia cursar ciclos medios ou superiores que non se impartan no seu lugar de residencia. Podes ter máis información no Departamento de Orientación do instituto.
 < prazo - instancias - documentación >

Cea 2º Bacharelato

  A cea de 2º de Bacharelato será o sábado 5 de maio no restaurante O Trapeiro. O prezo é de 20 € que teredes que aboar na conserxería antes do día 25. A saída está fixada para as 22 h. desde o instituto en autobús que facilitará gratuitamente o centro. Bo proveito!! 
 AVISO URXENTE
Distribuir contido