Resolución do 10 de xuño de 2022, pola que se regula a xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado que curse estudos durante o curso 2022/2023 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades

Xov, 16/06/2022 - 13:58

Xúntase a Resolución do 10 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula a xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado que curse estudos durante o curso 2022/2023 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Portal Educativo

Para realizar a solicitude debe accederse á aplicación https://www.edu.xunta.gal/programaseducativos/

  1. Seleccionar PROGRAMAS DE ÉXITO EDUCATIVO e o CURSO 2022-2023.
  2. Ir a LISTAXE PROGRAMAS e seleccionar Acreditación alumnado LE centros públicos
  3. A continuación, premer en SOLICITAR (non é preciso cubrir ningún dato), CREAR e despois GARDAR.
  4. Finalmente, deben premer en PRESENTAR.
  5. A continuación, deben ir ao depregable da esquerda, en LISTAR SOLICITUDES. Aparecerá a solicitude realizada e deben picar na columna ACCIÓN, na acción de editar (no lapis).
  6. A continuación, deben cubrir os datos do proxecto, no que só se lles solicitan os datos do alumnado que está interesado e se compromote a facer as probas. Unha vez cubertos estes datos deben premer en Rematar e enviar.

Ambos documentos poderán ser xerados desde a aplicación e ser gardados no centroNon deben entregar ningún documento.

Amplíase o prazo de presentación de solicitudes ata o 23 de setembro de 2022.