Visita Atapuerca

  Un grupo de 26 alumn@s de 3º ESO e 1º BACH, visitaron as escavacións arqueolóxicos da Serra de Atapuerca (20-23 maio). Durante a mesma realizaron numerosas actividades nestes importantes xacimentos que son unha referancia no estudo e presenza da evolución humana en Europa.
 

Prazas de residencias

   Xa está aberto o prazo para solicitar prazas de residencia en Coruña, Vigo e Ourense para o vindeiro curso 2010/2011.O alumnado candidato a estas prazas é aquel que vaia cursar ciclos medios ou superiores que non se impartan no seu lugar de residencia. Podes ter máis información no Departamento de Orientación do instituto.
 < prazo - instancias - documentación >

Cea 2º Bacharelato

  A cea de 2º de Bacharelato será o sábado 5 de maio no restaurante O Trapeiro. O prezo é de 20 € que teredes que aboar na conserxería antes do día 25. A saída está fixada para as 22 h. desde o instituto en autobús que facilitará gratuitamente o centro. Bo proveito!! 
 AVISO URXENTE

Gañador do Minerva !!

 38_minerva  O noso alumno Ismael Ramos resultou gañador do prestixioso Premio Literario Minerva no apartado de narrativa ao mesmo tempo que acadou o segundo posto no de poesía. O acto de entrega de premios terá lugar o próximo 20 de maio nun acto no que participará Xosé María Álvarez Cáccamo. Parabéns polos teus merecidos éxitos.
<voz de galicia>   <el correo gallego> <fallo do xurado>

Copa Coca-Cola

  O pasado sábado 1de maio en Coruña participamos no Torneo de Fútbol "Copa Coca-Cola". Logo de pasar a primeira fase, non fumos quen de pasar á seguinte nun partido no que fixemos un bo xogo. Queremos destacar o comportamento inmellorable dos nosos xogadores e a colaboración do grupo de nais e pais que nos acompañou e animou.
<foto 1>    <foto 2>    <foto 3>
Distribuir contido