V Xornadas Psico-Pedagóxicas

 O venres 12 de marzo ás 20:30 h. terá lugar na Aula Álvaro de las Casas a segunda charla das Xornadas.
Na mesma falarase dos riscos que pode supoñer internet para os rapaces e rapazas.O poñente será nesta ocasión D. José Souto.
 2ª XORNADA

Universidade e Formación Profesional

   O departamento de orientación do centro pon a vosa disposición unha chea de ligazóns para ter máis información sobre os estudos universitarios e profesionais.No deixes de botarlle unha ollada!!
 DEPARTAMENTO ORIENTACIÓN

Probas acceso universidade

  O departamento de Orientación do centro pon a túa disposición información sobre as novas probas de acceso ás ensinanzas oficiais de grao. Estas normas se aplicarán xa neste ano 2010.Fai clic nesta ligazón para ver máis.
 DEPARTAMENTO ORIENTACIÓN

Viaxe París

  O seminario de francés do centro, ograniza unha viaxe a París e castelos do Loira.A saída está prevista para o día 10 de decembro e a chegada será o día 15.Boa viaxe!!
Fai clic para ver o programa da viaxe.

 Oh la la !!

Loita contra a SIDA

  O 1 de decembro se adica a dar a coñecer os avances contra a epidemia mundial da sida causada polo VIH.
Celébrase nesta data  porque o primeiro caso foi diagnosticado neste día do ano 1981.Ver video da fundación FC Barcelona e UNICEF.
 1 DECEMBRO - DÍA MUNDIAL

Biblioteca María Mariño

A Consellería de Educación ven de conceder á nosa biblioteca unha axuda dentro do Plan de mellora 2009/2010. Deste xeito se recoñecen as actividades e proxectos levados a cabo.Noraboa ao equipo encargado e a todos os usuarios da mesma.<ver máis>
PLAN DE MELLORA
Distribuir contido