Saltar navegación.
Inicio

Curso 2017-18

COÑECEMOS A OFERTA EDUCATIVA DA "ESCUELA TÉCNICA DE JOYERÍA DEL ATLÁNTICO".

Nesta semana de decembro o alumnado de 4º da ESO matriculado na materia de educación plástica e visual coñeceu a oferta educativa das ensinanzas especiais e, en especial, a oferta educativa da "escuela de joyería del atlántico". Desde aquí queremos dar as grazas ao seu director D. Carlos Pereira polo seu tempo e dedicación.

PRESENTACIÓN DO CICLO DE FP de APROVEITAMENTO E CONSERVACIÓN DO MEDIO NATURAL DO IES ANTÓN ALONSO RÍOS de Tomiño

Os profesores María José e Tito do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño presentáronlle aos alumnos e alumnas de 4º da ESO o seu ciclo de aproveitamento e conservación do medio natural máis coñecido por ciclo de forestais. O noso agradacemento pola súa amena charla.

PROGRAMA" I- GUAYS" PARA O ALUMNADO DE 1º BACH IMPARTIDO POLA ASOCIACIÓN MENTHOR

Dona Ádega Castro Fernández da asociación MENTHOR traballou cos alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato o programa "I-GUAYS". Un programa  cuio obxectivo é realizar  un labor de prevención en violencia de xénero e que o alumnado se conciencie de que ser "guay" é tamén loitar pola igualdade de xénero e abolir o maltrato a mulleres.

PRESENTACIÓN DO GRAO oficial privado en ADE con doble titulación internacional. MBA. Master in Business Administration

 O profesor Gonzalo Garré da escola de negocios de ABANCA presentou hoxe ao alumnado de 4º da ESO o Grao oficial privado en ADE con doble titulación internacional. MBA. Master in Business Administration.

BAIXO O MESMO PARAUGAS

O 3 de decembro celebrase o día internacional das persoas con discapacidade. O IES VAL MIÑOR uniuse un ano máis a este celebración escribindo nun paraugas unha serie de desexos e palabras de ánimo para este colectivo de persoas. Grazas ao centro de educación especial Juan María por invitarnos a colaborar con eles. E, feliz día para todos e todas.

CELEBRANDO A SEMANA DA CIENCIA

Aquí lles mostramos algunhas das actividades realizadas polo alumnado de 1º da ESO durante a semana da ciencia no mes de novembro.

Parabéns para todos e todas polo seu bo traballo.

ESPAZO LIBRE DE VIOLENCIAS MACHISTAS

O Instituto participa na campaña promovida polo concello de Nigrán "Espazo libre de violencias machistas", que prentende concienciar sobre a lacra social que supón a violencia de xénero.

Se clicas na imaxe, poderás observar o noso traballo, a través dunha coreografía reivindicativa, na que o que pretendemos é expresar o noso rexeitamento, e berrar aos catro ventos a palabra respecto.

MAGOSTO 2017

Esta semana foi unha semana intensa. O venres 10 de novembro celebrouse o magosto no centro, coma en anos anteriores, impulsado e organizado polo departamento de dinamización lingüística.

O alumnado de 4º da ESO e de 1º Bacharelato, axudou no desenvolvemento dos distintos xogos populares que voltaron a encher o patio de tradición e disfrute. Asemade o alumnado de 4º tamén asou as castañas e ofrecía a papatoria da xornada, buscando empezar a financiar a súa viaxe de fin de etapa.

O profesorado implicouse como en outras ocasións,para levar a cabo esta actividade de centro. Actividades que son fundamentais na vida diaria, pois son as que encolan e das que se aprende moito, desde outro prisma, do instituto.

Gustaríanos adicar unha mención especial, ao alumnado encargado da organización deste ano, pois o fixo especialmente ben. Foi unha xornada moi participativa, lúdica e didáctica.

XORNADA DE XOGOS COOPERATIVOS DENTRO DO PROGRAMA TEI (Titoría entre iguais)

O luns 6 de novembro, realizouse unha xornada de xogos cooperativos entre o alumnado de 3º da ESO e 1º da ESO, co obxectivo de cohesionar ao alumnado que participa no programa TEI (titoría entre iguais).

Parabéns e agradecementos para : o alumnado de 3º da ESO que ensinou os xogos cooperativos moi cariñosa e profesionalmente, á colaboración do profesorado que fixo posible esta actividade  e á ANPA co apoio económico realizado, para poder mercar o paracaídas co que se fixeron algúns dos xogos.

Para que opinedes se o obxectivo se conseguiu, achegámosvos un enlace ao vídeo da actividade, e ao álbum de fotos.

Se clicas nesta imaxe poderás ver as FOTOS.

A continuación se clicas na imaxe, poderás ver o VÍDEO.

Distribuir contido