Curso 2014-15

Viaxe cultural ao norte de Galicia e Asturias

Viaxe cultural ao norte de Galicia e Asturias os días 17,18 e 19 de Xuño. Participan 27 alumnos da materia de Historia e Cultura das Relixións de 1º e 2º de ESO.

Aquapark de Amarante

O 15 de xuño, luns, fixemos efectiva a entrega dun premio que merecían aqueles alumnos que resultaran gañadores dalgún dos premios que foran convocados polo Instituto, ou ben que colaboraran de maneira desinteresada con algunha actividade das que organizamos, fóra do horario lectivo.

EDUCACIÓN VIAL PARA CICLISTAS

Os alumnos e alumnas de 2º de ESO tiveron este luns día 1 de xuño unha xornada de educación vial para ciclistas  impartida polos policías locais de Nigrán, a dirección xeral de tráfico e o persoal do Grumir. SE QUEREDES VER MÁIS FOTOS PINCHADE dúas veces na FOTOGRAFÍA.

Graduación: despedida dos alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato

O pasado venres 29 de Maio o patio do IES vestiuse de largo
para acoller á despedida dos alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato con discursos, cancións e choros.

1º Curso de Cociña no IES Val Miñor

A pasada tarde do xoves 28 de Maio, de 15:30 a 18:00 Tere e Javier, ós nosos Cafeteros, é dicir as persoas que nos dous últimos cursos levan atendendo a Cafetería do IES organizaron un cursode cociña para alumnado e profesorado interesado. Dos profesores só se animou Martín, e dos alumnos houbo algúns máis.

O programa foi para principiantes é tratábase de facer un menu que fora ao mesmo tempo sinxelo, completo e apetecible: Quiche de champiñons, Canelóns de carne e Tiramisu.

STOP LIXO MARIÑO

ALUMNOS DE 2º ESO PREPARAN UNHA EXPOSICIÓN COS SEUS TRABALLOS DENTRO DO PROXECTO LIXO MARIÑO QUE CADA ANO DESENVOLVE O NOSO CENTRO

Catorce grupos de traballo desenvolven as súas ideas e conclusión sobre distintos aspectos da contaminación dos océanos por lixo e analizan o impacto da contaminación por este tipo de restos na vida salvaxe e os ecosistemas, na saúde e na economía.

ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO VISITA A ESCOLA SUPERIOR DE ARTE DRAMÁTICA DE GALICIA

Alumnos de 2º de Bacharelato visitaron o luns vintecinco de maio a escola superior de arte dramática de Galicia onde se ofrece o título de Grao en Arte Dramática, nas especialidades de Dirección escénica e dramaturxia, Escenografía e interpretación. A profesora Irene Moreira ensinounos as distintas instalacións da escola, explicounos as probas específicas de acceso  e tivemos a sorte de ver a mostra de danza da que se examinaban os alumnos e alumnas de primeiro curso.

17 de Maio Día das Letras Galegas

Celebrando o Día das Letras no Instituto

O alumnado de 1º de bacharelato visita a Universidade de Vigo

O alumnado de 1º de Bacharelato visitou a Universidade de Vigo. Divididos en tres grupos:social-humanístico, tecnolóxico e científico os rapaces e rapazas foron visitando as distintas facultades onde cada decano ou decana lles explicou o plan de estudos dos diversos graos.

ALUMNOS DE 1º DE BACHARELATO ESTUDAN A BIODIVERSIDADE INTERMAREAL EN MONTELOURIDO

Aproveitando unha marea equinocial, os alumnos de Bioloxía realizan todos os anos un muestreo na zona intermareal rocosa e toman datos para o posterior estudo sobre biodiversidade neste ecosistema.
Este ano atopamos unha gran cantidade de liebres de mar (Aplysia punctata)  e organismos de todos os principais taxones: cordados, artrópodos, moluscos, anélidos, esponjas, celentéreos, equinodermos.

Powered by Drupal - Design by artinet