Saltar navegación.
Inicio

Curso 2018-19

XEOMETRÍA E PLÁSTICA

TRABALLANDO A COMPETENCIA MATEMÁTICA E AS ARTES.

O ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO VISITA A UNIVERSIDADE DE VIGO.

O alumnado de 1º de Bacharelato visitou a Feira de estudos da Universidade de Vigo e coñeceu o clima universitario.

O ALUMNADO DE 1º E 2º DE BACHARELATO ACHEGANSE AO MUNDO DOS NANOSATÉLITES.

Aarón Nercellas de Alén Space, empresa pioneira do New Space e, nacida na área de nanosatélites da Universidade de Vigo cuio obxectivo é comercializar  solucións vinculadas coa tecnoloxía aeroespacial achegouse ao noso centro para falarnos desta temática. Na foto alumnos cunha maqueta do Lume-1 lanzado no Soyuz-2.1a desde o cosmódromo ruso de Vostochny que será unha valiosa ferramenta para a detección temperá de incendios forestais.

COÑECENDO A RAMA DA HOSTALERÍA.

Oscar Alfeirán, da Escola Superior de Hostalería de Galicia, explicoulles ao alumnado de 1º de Bacharelato da materia de Economía a oferta educativa do seu centro. Logo, traballaron na hipotética venda dun produto turístico de Nigrán.

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ COOPERANDO alumnado de 1º e 3º da ESO.

Hoxe, 30 de xaneiro día da paz e a non violencia o alumnado de 1º e 3º de ESO, dentro do programa TEI, realizou unha serie de xogos e actividades cooperativas.

O PROFESORADO DO IES VAL MIÑOR INFORMASE DAS ESTRATEXIAS EDUCATIVAS MÁIS AXEITADAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO.

María Pacín, socia fundadora da asociación TEAVI (Trastorno de Espectro autista de Vigo) e psicóloga do gabinete Litus informou ao profesorado do IES das características do alumnado con Síndrome de Asperger, das súas necesidades educativas  e das estratexias didácticas máis favorecedoras para atender á diversidade.

HIPERCONECTIVIDADE, BIG DATA, COCHE AUTÓNOMO ... O FUTURO e o PRESENTE explicado ao alumnado de 1º de Bacharelato.

Emilio García, profesor universitario na escola de empresariais de Vigo, deleitounos coa súa sabedoría sobre as novas tecnoloxías, sobre o seu uso, as súas aplicacións e a conciencia crítica que debemos ter nalgúns aspectos ante elas.

ALIMENTOS PARA CANS E GATOS. CAMPAÑA SOLIDARIA

Aquí temos parte do resultado da I CAMPAÑA SOLIDARIA DE ALIMENTOS PARA CANS E GATOS.

O ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO RECIBE INFORMACIÓN DA SECCIÓN DE INFORMACIÓN DE ESTUDANTES DA UVIGO.

Mª Magdalena Domínguez, do SIE da Universidade de Vigo, informoulle ao alumnado de 2º de BACHARELATO de todas aquelas dúbidas relacionadas coa ABAU e coa posterior preinscrición e matrícula nos graos universitarios.

CHARLA SOBRE OS GRAOS E CICLOS FORMATIVOS RELACIONADOS COA TECNOLOXÍA E ARTE DIXITAL.

Laura Saez, delegada do UTAD, centro universitario de tecnoloxía e arte dixital faloulles ao alumnado de TIC de 4ºde ESO e 1º de bacharelato da oferta do seu centro en canto as novas tecnoloxía e arte dixital.

Distribuir contido