Saltar navegación.
Inicio

Día de Rosalía no Concello

Día de Rosalía

O día de Rosalía compartimos festa no auditorio do Concello o alumnado do Escolas Proval xunto coa nosa rapazada de 3ºESO.

FORMACIÓN PERMANENTE DO PROFESORADO. O NOVO RETO É A RV.

O profesorado en continua formación permanente. Un grupo de profesores/as investigan as posibilidades educativas da realidade virtual.

En Nigrán tamén se fala!

En Nigrán tamén se fala galego!

60 Alumnos de 4o da ESO do Ies Val Miñor participan na campaña de promoción de promoción da lingua galega entre o comercio local.

O proxecto Aquí Tamén Se Fala xurdiu o curso pasado no Ies Rafael Dieste da Coruña e procura rachar cos prexuízos que invisibilizan a lingua galega. A rapazada exerce de dinamizadora da lingua visitando todo tipo de establecementos que traballan de cara ao público e queiran colaborar, para o cal deben colocar un cartel deseñado co lema “Aquí Tamén Se fala Galego” e facerse unha foto que se promociona nas redes sociais da campaña e na web do centro.

SEMANA DAS MATEMÁTICAS NO IES VAL MIÑOR. DO 14 AO 21 DE MARZO

Estamos a organizar a Semana das Matemáticas no IES Val Miñor: Tangrams, pentaminós, cubos soma, torres de Hanoi, tres en raia áureo, pontes de Königsberg e outros labirintos, xogo do prisioneiro etc.

Xa queda pouco para xogar con eles nos recreos do 14 ao 21 de marzo.

Confiamos en que vos divirtades xogando e pensando.

PROCESO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN.

O 2 de abril publicouse a listaxe do alumnado solicitante de praza no proceso ordinario. Informamos que todos os solicitantes teñen praza asignada. Se queredes consultar o dato, poderedes facelo no taboleiro de anuncios do centro, chamar por teléfono ou ben consultalo a través da aplicación admisionalumnado.

O 22 de febreiro publicouse a listaxe do alumnado de reserva dos centros adscritos que están admitidos para o curso 2024-25. Poden facer a consulta a través da aplicación admisión alumnado CLICA ou ben revisando o taboleiro da secretaría do instituto (poden chamar por teléfono, se así o precisan).

Observación de aves na Foz do Miñor

O pasado 2 de febreiro celebrouse o Día Mundial dos Humedais, unha data na que se lembra a importancia destes ecosistemas non só polo que contribúen ó mantemento da biodiversidade senon pola cantidade de servizos ecosistémicos que ofrece. Por este motivo, o Dpto. de Bioloxía e Xeoloxía organizou unha xornada de observación de aves para o alumnado de 1 ESO na Foz do Río Miñor, un espazo que forma parte da Rede Natura 2000.

Durante a mañá do 21 de febreiro o alumnado puido observar a biodiversidade da avifauna deste espazo natural e ó mesmo tempo coñecer algúns aspectos que resaltan a importancia deste esteiro e daqueles outros que comprometen a súa conservación e protección.

TRABALLOS NA AULA DE TECNOLOXÍA

No seguinte enlace CLICA poderedes atopar os vídeos que reflicten as seguintes experiencias de aula:

"Traballo colaborativo de titoría. Gonzalo e os seus compañeiros de 2º ESO C contribuindo a decorar a súa aula."

"Proxectos de deseño e fabricación. Futuros e futuras arquitectos/as e deseñadores/as".

" Organización de proxectos. 4ºESO. Estruturas tensegríticas."

AXUDASLE- AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS- PARA ALUMNADO DE BACHARELATO

PUBLICACIÓN NO DOG DA CONVOCATORIA PARA SOLICITAR AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS.

APLICACIÓN AXUDASLE  https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

DIRIXIDA A ALUMNADO QUE CUMPRA AS SEGUINTES CONDICIÓNS:

a) Estar cursando, no réxime xeral, 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2023/24, na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2022/23.

VIAXE A LISBOA 2024

Se queres ver as fotos da viaxe CLICA

Distribuir contido