Saltar navegación.
Inicio

LISBOA 2016

Os alumnos de 1º Bacharelato viaxaron en marzo, un ano máis, a Lisboa, para coñecer de cerca a cultura lusa: a historia, lingua, literatura, gastronomía, arte...

O primeiro que visitamos foi o Pazo da Ajuda; entramos na súa biblioteca onde se garda o Cancioneiro de Ajuda, único que se conserva do século XIII, con cantigas de amor galego-portuguesas.

O castelo de San Jorge, a Torre de Belem, o mosteiro dos Jerónimos, o museo dos coches, o museo do azulexo...foron outras visitas.

Os alumnos, por grupos, recolleron información de diferentes aspectos da capital lisboeta; con ela, deron forma a un traballo. Entregaráselle un premio ao de maior calidade.  

LUGO 2016

Os alumnos de 2º ESO, o luns 13 de maio, visitaron a cidade de Lugo: participaron nun xogo de pistas polo

Museo provincial, coñeceron a catedral e pasearon pola súa muralla romana, unha das mellor conservadas da

península.

    

    Na foto, á saída do Museo provinciial de Lugo.

   

No Museo, comprobando os resultados do xogo de pistas.

Pola tarde visitamos o Castro de Viladonga.

Programa re-creo o recreo

O obxectivo deste programa é fomentar o nivel de actividade física no tempo de recreo, e crear un espazo social de convivencia positiva.

Algunhas das actividades que se levaron e levan a cabo son as seguintes:

Organización de responsables de patio, que permitan un sistema de empréstito de material nos recreos e que axuden a organizar os distintos torneos.

Fixéronse torneos de baloncesto, tenis de mesa, fútbol...

Entregáronse premios

Foto dos gañadores

O campo de Bolos celtas do IES VAL MIÑOR moi preto de ser unha realidade

Grazas á colaboración do concello, e a Isidro o presidente da federación de Bolos Celtas, estamos moi próximos a poder facer realidade este proxecto, incardinado no contrato programa, aprobado pola Xunta de Galicia.

Segunda semana da Froita

A última semana de abril, fíxose a segunda semana da froita, no centro, e novamente cunha gran aceptación.

Se queres ver as fotos da actividade CLICA AQUÍ

No instituto, tamén temos pequenos tesouros agachados, coma estes amorotes, ou mirillotes que lle chama o meu pai. Esta froita de orixe euroasiático, xa se recolectaba na prehistoria.

A novidade nesta semana, foron os nísperos, que moitos dos alumnos/as descoñecían, pero dos que deron boa conta, e os froitos do bosque, coma os arándanos e as frambuesas.

CELANOVA 2016

Os alumnos de 3º ESO visitaron un ano máis a vila de Celanova e a de Vilanova dos Infantes.

Este ano foi especial porque cumprimos dez anos da nosa visita e agasalláronnos cunha tarta e unhas palabras do alcalde da vila.

Os alumnos visitaron o mosteiro de San Rosendo, a zona que corresponde ao IES Celso Emilio Ferreiro e a Casa dos Poetas. Leron poemas de Curros Enríquez e de Celso Emilio Ferreiro. Na imaxe, diante da escultura do autor de "Longa noite de pedra".

A tarta coa que nos agasallaron polo 10º aniversario da nosa visita.

DÍA MULTIDEPORTIVO. SENDEIRISMO, TENIS, BALONCESTO, BÉISBOL ADEREZADO CON AMIGOS, RISAS, CHAPUZÓN...

O obxectivo fundamental desta actividade complementaria é ofrecer ao alumnado as posibilidades de ocio activo que ofrece o propio entorno, neste caso dentro do propio concello de Nigrán, ao que agradecemos a cesión das pistas para esta actividade.

CLICA AQUÍ , para ver as imaxes desta xornada.

Pecha a unidade didáctica de tenis, que se empezou a traballar no centro e que se puido impartir grazas ao empréstito das raquetas por parte da federación galega deste deporte, un ano máis. E a que o ceo nos permitiu traballar, aínda que algúns días nos chovera e tiveramos que suspender a realización deste contido.

NON OS OES PIAR?

Con fotos de Alvaro Martínez Leiro do movemento Arte K podemos disfrutar dunha exposición de corenta fotos onde os protagonistas son os  paxaros que nos espertan todas as mañás.

Alumnos e alumnas de 1º de bacharelato visitan a Universidade de Vigo

Máis de 50 alumnos e alumnas matriculados en 1º de bacharelato visitaron este mércores, vinte de abril, distintas facultades da Universidade de Vigo.

SEN RUIDO ESTAMOS MELLOR

CAMPAÑA CONTRA O RUÍDO: DISMINUINDO A POLUCIÓN ACúSTICA NO IES VAL MIÑOR

Alumnos de 21 de ESO participan na Campaña 2015-2016 contra o ruido dentro dunha serie de actividades destinadas a mellorar o ambiente e o traballo dentro do centro escolar.

Distribuir contido