Saltar navegación.
Inicio

CELANOVA 2016

Os alumnos de 3º ESO visitaron un ano máis a vila de Celanova e a de Vilanova dos Infantes.

Este ano foi especial porque cumprimos dez anos da nosa visita e agasalláronnos cunha tarta e unhas palabras do alcalde da vila.

Os alumnos visitaron o mosteiro de San Rosendo, a zona que corresponde ao IES Celso Emilio Ferreiro e a Casa dos Poetas. Leron poemas de Curros Enríquez e de Celso Emilio Ferreiro. Na imaxe, diante da escultura do autor de "Longa noite de pedra".

A tarta coa que nos agasallaron polo 10º aniversario da nosa visita.

Lendo a Celso Emilio Ferreiro diante da Taberna do galo, lugar que lle deu título a unha das súas obras.

Despois de asistir ao concerto didáctico de órgano na igrexa do mosteiro, Eneas de 3º A, animouse a tocalo. Foi un pracer escoitalo.