Saltar navegación.
Inicio

DÍA MULTIDEPORTIVO. SENDEIRISMO, TENIS, BALONCESTO, BÉISBOL ADEREZADO CON AMIGOS, RISAS, CHAPUZÓN...

O obxectivo fundamental desta actividade complementaria é ofrecer ao alumnado as posibilidades de ocio activo que ofrece o propio entorno, neste caso dentro do propio concello de Nigrán, ao que agradecemos a cesión das pistas para esta actividade.

CLICA AQUÍ , para ver as imaxes desta xornada.

Pecha a unidade didáctica de tenis, que se empezou a traballar no centro e que se puido impartir grazas ao empréstito das raquetas por parte da federación galega deste deporte, un ano máis. E a que o ceo nos permitiu traballar, aínda que algúns días nos chovera e tiveramos que suspender a realización deste contido.

Sei que probablemente non proceda, pero aproveito para volver a comunicar a precariedade respecto as instalacións deportivas do centro, cando a meteoroloxía nos é adversa. Pero non por iso imos a deixar de traballar e ofrecer o mellor, dentro das nosas posibilidades, ao alumnado.