Saltar navegación.
Inicio

Bioloxía e Xeoloxía

PROGRAMACIÓNS

PROGRAMACIÓN 2016-17

Nos ficheiros adxuntos pódese consultar a programación do Departamento de Bioloxía e o Resuno dela.

SEMANA DA CIENCIA: EXPOSICIÓN DE MAQUETAS DO SISTEMA SOLAR

Con motivo da Semana da Ciencia, o departamento de Ciencias Naturais organizou unha exposición no patio cuberto,con maquetas feitas polos alumnos de 1º ESO. Os modelos representan o Sistema solar cos astros a escala ou ben as posicións da Terra con respecto ao Sol ao longo do ano. Todos os alumnos e alumnas amosaron o seu interese e demostraron a súa creatividade nunhas maquetas moi ben feitas, aplicando os coñecementos adquiridos nas actividades de aula.

SEN RUIDO ESTAMOS MELLOR

CAMPAÑA CONTRA O RUÍDO: DISMINUINDO A POLUCIÓN ACúSTICA NO IES VAL MIÑOR

Alumnos de 21 de ESO participan na Campaña 2015-2016 contra o ruido dentro dunha serie de actividades destinadas a mellorar o ambiente e o traballo dentro do centro escolar.

CELEBRAMOS A SEMANA DA CIENCIA- OUTONO 2015

 

Como xa é unha tradición, todos os outonos celebramos a Semana da Ciencia no Ies Val miñor.

Os alumnos de 1º ESO construíron modelos explicativos dos movementos da Terra para explicar as estacións; os modelo foron expostos no patio do Instituto.

Os alumnos de 2º ESO realizaron experimentos sobre enerxía nas súas diversas manifestacións. Expuseron e explicaron aos seus compañeiros os experimentos.

SAÍDA COS ALUMNOS DE 3ºESO: ESTUDANDO A XEOMORFOLOXÍA DO VAL MIÑOR. NOVEMBRO 2015

O luns, despois das clases da mañana e co bocata na man, iniciamos a saida para estudar a xeomorfolxía do nos contorno.

   A Ladeira                         praia america

VISITAMOS A ESTACIÓN DEPURADORA DE AUGAS RESIDUAIS DE NIGRÁN. Novembro 2015

 

Os alumnos de 1º da ESO de Bioloxía e Xeoloxía visitan a EDAR de Nigrán e fan actividades sobre  a polución das augas e o tratamento que reciben

ALUMNOS DE 1º DE BACHARELATO ESTUDAN A BIODIVERSIDADE INTERMAREAL EN MONTELOURIDO

Aproveitando unha marea equinocial, os alumnos de Bioloxía realizan todos os anos un muestreo na zona intermareal rocosa e toman datos para o posterior estudo sobre biodiversidade neste ecosistema.
Este ano atopamos unha gran cantidade de liebres de mar (Aplysia punctata)  e organismos de todos os principais taxones: cordados, artrópodos, moluscos, anélidos, esponjas, celentéreos, equinodermos.

"STOP AO LIXO MARIÑO"

O lixo mariño representa unha ameaza crecente ao medio ambiente mariño e costeiro.

CELEBRANDO O DÍA INTERNACIONAL DA INMUNOLOXÍA: OS ALUMNOS DE 3º ESO EN ACCIÓN

O 29 DE ABRIL OS ALUMNOS DE 3º DE ESO REALIZARON UNHA SERIE DE ACTIVIDADES  PARA CELEBRAR ESTA DATA:

VISITA Á ESTACIÓN DEPURADORA DE AUGAS RESIDUAIS DE NIGRÁN O 29 DE XANEIRO

OS ALUMNOS DE 1º ESO APRENDEN COMO SE TRATAN AS AUGAS RESIDUAIS NUNHA EDAR

Distribuir contido