CELEBRAMOS A SEMANA DA CIENCIA- OUTONO 2015
Como xa é unha tradición, todos os outonos celebramos a Semana da Ciencia no Ies Val miñor.
Os alumnos de 1º ESO construíron modelos explicativos dos movementos da Terra para explicar as estacións; os modelo foron expostos no patio do Instituto.
Os alumnos de 2º ESO realizaron experimentos sobre enerxía nas súas diversas manifestacións. Expuseron e explicaron aos seus compañeiros os experimentos.
Os alumnos de 3º de ESO construíron modelos de erosión e modelado.