Saltar navegación.
Inicio

Curso 2015-16

ACTIVIDADE DE PREVENCIÓN DE DROGAS E REDUCIÓN DE DANOS PARA O ALUMNADO DE 1º BACHARELATO

 Hoxe, 13 de xaneiro de 2016, Deli e Sandra, traballadoras das Fundación Érguete, explicáronlle ao alumnado de 1º de Bacharelato os diversos labores que desenvolven nesta fundación e traballaron distintos tipos de contidos relacionado co mundo das drogas. A través de dinámicas como debates, xogos grupais... os rapaces e rapazas aprenderon estratexias e técnicas para evitar todo o relacionado con estas substancias.

CELEBRAMOS A SEMANA DA CIENCIA- OUTONO 2015

 

Como xa é unha tradición, todos os outonos celebramos a Semana da Ciencia no Ies Val miñor.

Os alumnos de 1º ESO construíron modelos explicativos dos movementos da Terra para explicar as estacións; os modelo foron expostos no patio do Instituto.

Os alumnos de 2º ESO realizaron experimentos sobre enerxía nas súas diversas manifestacións. Expuseron e explicaron aos seus compañeiros os experimentos.

PRESENTACIÓN DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA AO ALUMNADO DE 2º DE BCTO.

Este venres, día 8 de xaneiro, Laura Fraga, do SAPE da Universidade da Coruña, presentoulle ao alumnado de 2º de Bacharelato os servizos e os graos que se poden estudar neste centro universitario.

DISTINTOS PROFESIONAIS FALAN DOS SEUS TRABALLOS AOS ALUMNAS E ALUMNAS DE BACHARELATO

O luns 14 de decembro pola tarde José Ramón Ojea, Belinda, Patricia Avendaño, Olalla Fernández e María José Pérez-Izaguirre falaronlle ao alumnado de bacharelato da súa traxectoria laboral e  das distintas tarefas que desenvolven nos seus traballos no Consorcio da zona franca de Vigo, como monitora de Pilates, como deseñadora de moda, como deseñadora gráfica e como avogada.

Charla- presentación da Universidade de Santiago de Compostela polo profesor D. Celso Rodríguez

 Este venres día 11 de decembro o profesor da Facultade de Matemáticas da USC don Celso Rodríguez presentoulle aos alumnos e alumnas de 2º de bacharelato os distintos graos e servizos que ofrece a Universidade de Santiago de Compostela.

CHARLA SOBRE O DEREITO Á ACCESIBILIDADE PARA O ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO

o 9 de decembro a directora do centro ocupacional Juan María de Nigrán Mari Santos, o alumno Víctor David García e o profesor de Dereito da Universidade de Vigo, Jacinto Lareo faláronlle os alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato sobre a importancia de facer valer o dereito á accesibilidade, importancia que non só é para as persoas con discapacidade, senón para todas as persoas. Falouse tamén sobre a xustificación legal do dereito á accesibilidade.

O bo uso das novas tecnoloxías

 Este 1 de decembro o  CIM do Concello de Nigrán e a organización Pantallas Amigas déronlle unha charla aos alumnos e alumnas de 2º da ESO sobre o bo uso das novas tecnoloxías e explicaronlle algúns dos perigos que se poden atopar se non se toman unha sinxelas medidas preventivas.

SAÍDA COS ALUMNOS DE 3ºESO: ESTUDANDO A XEOMORFOLOXÍA DO VAL MIÑOR. NOVEMBRO 2015

O luns, despois das clases da mañana e co bocata na man, iniciamos a saida para estudar a xeomorfolxía do nos contorno.

   A Ladeira                         praia america

VISITAMOS A ESTACIÓN DEPURADORA DE AUGAS RESIDUAIS DE NIGRÁN. Novembro 2015

 

Os alumnos de 1º da ESO de Bioloxía e Xeoloxía visitan a EDAR de Nigrán e fan actividades sobre  a polución das augas e o tratamento que reciben

Celebración do día internacional das persoas con discapacidade

O 3 de decembro celebrase o día  internacional das persoas con discapacidade. Desde o centro  Juan María púxeronse en contacto con nós para lembrarnos esa data e as accións  significativas que tiñan organizadas para ese evento. Co lema "Bajo el mismo sol" e coa cor verde, como nova imaxe da plena inclusión vanse facer  visibles todas as actividades.

Distribuir contido