Saltar navegación.
Inicio

Actividades Dinamización

SAÍDA DINAMIZADORA DOS ALUMNOS DE 1º ESO A PONTEVEDRA

Con motivo do XVI Salón do Libro en Pontevedra os alumnos de 1ºESO do IES Val Miñor visitaron a cidade o venres 27 de marzo, nunha actividade organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística “O Brión”.

Primeiro coñeceron aqueles lugares relacionados coa vida e a obra dun dos maiores artistas da cultura galega: Castelao. Tamén souberon algo máis sobre a historia de Pontevedra a través da pegada que quedou en vivendas, cruceiros, prazas, fontes e rúas.

XABIER QUEIPO VISITA O IES VAL MIÑOR

O xoves 26 de marzo, os alumnos de 3º e 4º da ESO, tiveron a oportunidade de coñecer e escoitar ao escritor galego Xabier Queipo. Aproveitando unha das súas estancias en Galicia (o autor reside e traballa en Bruxelas dende 1989) Xabier achegouse ao noso centro para falarnos da súa tarefa como escritor.

NO MAGOSTO DO INSTITUTO, O PATIO ENCHEUSE DE XOGOS POPULARES.

O pasado venres 14 de novembro, celebrouse o magosto no instituto, enchéndose o patio de castañas e xogos populares.  Xogamos ás buxainas, ás tabas, aos tres pés, á pelexa de galos, ás carreiras de sacos, aos zancos, á chave, á rá,  á soga-tira... A participación do alumnado e do profesorado foi alta, facendo que resultase unha xornada moi lúdica e onde recuperamos o valor etnográfico e cultural, dunha festa, tan propia coma o magosto. 

Curiosidades:

Cabazas do Samaín do 2014

SAMAÍN 2014

Dos días 27 ao 30 de outubro, os alumnos de ESO e Bacharelato, contribuíron coas súas cabazas talladas, á exposición que permaneceu durante toda a semana. A participación foi numerosa e os traballos presentados superaron a calidade doutros anos.

Exposición de xogos populares

Exposición dalgúns xogos populares feitos a man que se organizou con motivo da celebración do Samaín e o Magosto 2011

Relato Nove nadais

1º Premio do concurso de "Relatos de Santos e Nadal" 2011, organizado polo Equipo de Dinamización Lingüísta "O Brión" do IES Val Miñor.

Samaín e magosto 2011

NO ARQUIVO ADXUNTO ATOPARÁS INFORMACIÓN SOBRE A CELEBRACIÓN NO IES VAL MIÑOR DA TRADICIÓN DO SAMAÍN E MAGOSTO DO 2011.

DOUS ALUMNOS DO IES VAL MIÑOR SELECCIONADOS NO CONCURSO DE RELATOS "A CIENCIA QUE CONTA"

De novo este ano dous alumnos do Instituto Lúa Álvarez e Breixo Álvarez resultaron seleccionados no Concurso de relatos sobre temas relacionados coa ciencia A Ciencia que Conta. Se queredes ver a ceremonia tivo lugar no Museo do Mar e foi retransmitida no programa EFERVESCIENCIA
En breve, o relato de Lúa, A GALAXIA DOS SONOS DE CORA, e o conto de Breixo, titulado SARA, serán publicados pola organización do concurso, pero avanzamos os textos nestas páxinas.

Saídas de Dinamización

Celanova

Torre de Vilanova
Lisboa Torre de Belen
Lugo  
Trasalba  
Ourense  

FALANDO DE CIENCIA

DIA DA CIENCIA

Celebramos o día da Ciencia no IES Val Miñor cunha serie de actividades que permiten pensar máis a fondo como traballa a ciencia: a ciencia busca explicacións que poden ser constrastadas cos datos do momento, a ciencia establece modelos, a ciencia é crítica e muda os modelos cando ten novos datos, establece controversias, discute os resultados.....

Os alumnos do Ies Val Miñor de 3º ESO celebran o Día da Ciencia:

 

DNA reciclaxe

 

1) Construíndo un modelo da molécula de ADN a escala e con materiais de reciclaxe.

2) Resolvindo problemas prácticos: A corona do Rey Hierón.

3) Realizando experiencias: Ácido ou base? A lombarda ten a solución.

Distribuir contido