Saltar navegación.
Inicio

Cabazas do Samaín do 2014

SAMAÍN 2014

Dos días 27 ao 30 de outubro, os alumnos de ESO e Bacharelato, contribuíron coas súas cabazas talladas, á exposición que permaneceu durante toda a semana. A participación foi numerosa e os traballos presentados superaron a calidade doutros anos.

A finalidade desta mostra é lembrar a antiga festividade celta na que se abrían as portas entre este mundo e alén. O Samaín era o momento no que as ánimas dos mortos retornaban ás súas casas para visitar os familiares aínda vivos. Buscaban alimento e quecer co lume da lareira, polo que era costume deixar o lume aceso nesta noite.

Este ano as cabazas premiadas foron as seguintes:

premios

1º premio: “Solleiro” de Ángela Alonso Rodríguez (4º ESO B) polo labor de deseño e a orixinalidade.a 2º premio: “Maléfica” de Gisela Folgar (1º ESO B) polo esmerado tallado e a elegante interpretación da tradición 3º premio: “Entre ferros” de LiLia Lago Goce (3º ESO A) e Antía Cuadrado (3º ESO B) pola temática social de actualidade

Ver imaxes da celebración do Samaín no centro