Skip to Content

Novas

Admisión de alumnado para ESO e BAC curso 22-23

O alumnado, que non proceda de centros adscritos, poderá presentar a súa solicitude de admisión dende o 1 ao 21 de marzo de 2022, ambos incluídos. O prazo está aberto!

Prazo presentación solicitudes probas acceso a ciclos de Grao Medio

Aberto o prazo de presentación de solicitudes que abrangue dende 3 ao 16 de marzo de 2022, ambos os dous incluídos. Para máis información accede á convocatoria.

Premio Cartel 8M Día Internacional da Muller

O IES Val do Asma acada o 2º premio no concurso para o deseño do cartel da campaña da Xunta de Galicia do Día 8 de marzo 2022 "Día Internacional da Muller". Parabéns ao alumnado de Debuxo Artístico de 1º BAC e á súa profesora, Lola López. O cartel xa se pode ver na prensa como parte da campaña institucional.

 

01/03/22 Pais e alumnos do instituto Val do Asma: "Decidiron sen ternos en conta"

28/02/22 O BNG pregunta no Parlamento de Galicia sobre o futuro dos centros educativos de Cahnatada

O BNG rexistra a seguinte pregunta para ser respostada oralmente na Comisión 4ª do Parlamento de Galicia.

Vacacións Entroido 2022

O período vacacional de Entroido abrangue dende o luns 28 de febreiro ata o mércores 2 de marzo de 2022, ámbolos dous incluídos.

Entroido 2022

Durante a semana do 21 ao 25 de febreiro de 2022 O IES Val do Asma celebrará o Entroido.

  • Luns 21: O meco di que temos que traer unha garabata ou pano no pescozo.
  • Martes 22: O meco di que temos que traer ademáis unha prenda do revés.
  • Mércores 23: O meco di que temos que pintarnos as uñas.
  • Xoves 24: O meco di que traiamos un sombreiro.
  • Venres 25: Concurso e baile de disfraces.

Para ver toda a información preme aquí.

Concurso de Humanización do muro exterior do centro

O muro que separa o IES Val do Asma do exterior non nos gusta. Cremos que chegou o momento de darlle cor e vida así que –a través do equipo directivo do centro–, ponse en marcha un Concurso de humanización, que ten como principal obxectivo fomentar a creación artística entre a comunidade educativa. O concurso artístico está dirixido a todo a toda a comunidade educativa e consiste na proposta de ideas para o muro.

Prazo de presentación de propostas: xoves 31 de marzo de 2022.

Acceso ás bases do concurso.

Teléfono móbil de contacto

Para calquera comunicación urxente por mor da COVID-19 habilítase o seguinte teléfono móbil: 638 75 21 87

Prazo presentación solicitudes probas acceso a ciclos de Grao Superior

Aberto o prazo de presentación de solicitudes que abrangue dende o 31 de xaneiro ao 11 de febreiro de 2022, ambos os dous incluídos. Para máis información accede á convocatoria.

Distribuir contido


by Dr. Radut