Skip to Content

Novas

Entrega notas 2º BAC - Convocatoria ordinaria

Publicación no ABALAR das notas finais de 2º BAC: mércores 18 de maio de 2022 ás 18:00 horas.

Período de reclamacións das cualificacións: xoves 19 e venres 20 de maio de 2019 ata as 14:00h. Acceso ao procedemento de reclamacións.

Horario ABAU 2022

Horario das probas ABAU curso 21-22

Parámetros ponderación materias ABAU 2022

Publicación dos parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e materias de opción da proba de avaliaciónde bacharelato para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do SUG para o curso 2022/23. Para máis información preme aquí.


Período de prácticas en empresas (FCT) 2021/2022

O periodo ordinario para a realización das prácticas en empresas ou formación en centros de traballo (FCT)  no curso 2021/2022 será:

  • C.M. Electromecánica do vehículo automóbil: do 4 de abril ao 17 de xuño de 2022, ambos incluídos.
  • C.S. Administración e finanzas: do 7 de abril ao 16 de xuño de 2022, ambos incluídos.



ABAU 2022

Información completa sobre as probas de acceso á universidade:

  • Acceso ás instrucións para a matrícula das ABAU de xuño 2022.
  • Datas de realización das probas:
    • ABAU ordinaria: 7-8-9 de xuño de 2022
    • ABAU extraordinaria:12-13-14 de xullo de 2022
  • Acceso aos parámetros de ponderación, publicados no DOG 28/04/2022.
  • Horario das probas.

Para acceder a toda a información (impreso de matrícula, impreso de taxas, etc.) preme no enlace da CiUG-ABAU

Reclamacións ás cualificacións de ESO e BAC curso 21-22

Publicación da Circular 1/2022 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, para o curso 2021-2022.

Modelos de reclamación:

  • Ante o Centro nos seguintes prazos:
    • Convocatoria ordinaria só para 2º BAC: 19 e 20 de maio de 2022.
    • Para ESO, 1º BAC e convocatoria extraordinaria de 2º BAC: 27 e 28 de xuño de 2022.
  • Ante a Xefatura Territorial no caso de que, tras o procedemento de revisión no centro, persista o desacordo coa cualificación final, poderá presentar por escrito á dirección do centro docente, no prazo de dous días hábiles a partir do día seguinte á comunicación sobre a decisión adoptada, reclamación ante a xefatura territorial correspondente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Vacacións Semana Santa 2022

As vacacións de Semana Santa abranguerán dende o luns 11 ata o luns 18 de abril de 2022, ámbolos dous incluidos, segundo se establece no calendario escolar.

Día do Libro 2022 - Concurso de carteis

A Biblioteca do IES Val do Asma convoca un concurso de carteis para conmemorar o Día do Libro. Acceso ás bases.

Debate na Deputación sobre o futuro do centro

Mañá martes 30 de marzo de 2022 as 9:30h debatirase na Deputación de Lugo a Proposta de Goberno en relación co futuro do IES Val do Asma.

Bolsas de estudos 2022-2023 BAC e FP

NOVO!!! O prazo amplíase ata o 16 de maio de 2022

Importante: este ano adiántase o prazo para solicitar bolsas do curso 2022/23!!!

O prazo para solicitar bolsas de estudos para BAC e para FP, convocadas polo Ministerio de Educación, abrangue dende o 30 de marzo ata o 12 de maio de 2022 (ampliado ao 16 de maio). Para acceder á solicitude e toda a información preme aquí.

Para máis información acude ao Departamento de Orientación.

Distribuir contido


by Dr. Radut