Skip to Content

Novas

Mobilidades alumnado a Francia

Sete alumnas e alumnos do IES Val do Asma, acompañadas/os por dúas profesoras, desplázanse a Marsella (Francia), entre o 25/03/22 e o 31/03/22, a un encontro co alumnado do Lycée Professionnel Le Chatelier para continuar, por primeira vez presencialmente, co seu proxecto Erasmus+ "Alumnado europeo que descubre o mundo profesional"(2020-1-FR01-KA229-080491_2). Acceso ás imaxes.

18/03/22 Moción do PSOE de Chantada sobre os recortes educativos no IES Val do Asma

17/03/22 O IES Val do Asma recolle firmas para non quedar sen ESO nin bacharelato

08/03/22 Entrega premios concurso escolar carteis Xunta de Galicia con motivo do Día internacional da muller

Na entrega de premios onde o traballo do alumnado do IES Val do Asma recibiu o segundo premio na 3º categoría dirixida a estudantes de 3º e 4º de ESO, Bacharelato e FP a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, anima á mocidade a ser “embaixadora” da igualdade, na entrega de premios do concurso de carteis convocado para conmemorar o 8-M. Ler máis.

09/03/22 El Progreso: As dúas docentes do Val do Asma que viaxaron a Marsella están de volta en Chantada

04/03/22 Por Chantada pregunta á Conselleria a través de A Valedora do Pobo

Por Chantada- CUP realizar unha nova achega de información e solicitude de intermediación da Valedora do pobo perante a Consellaría de educación para demandar transparencia e explicacións perante medidas que minguan a oferta e a calidade educativa e poñen en risco a saúde pública. Acceso ao documento presentado ante a Valedora do Pobo.

05/03/22 Tres ANPAS de Chantada amosan o seu rexeitamento á fusión dos institutos

04/03/22 Pais de Chantada temen que Educación reduza aos ciclos a oferta do IES Val do Asma

Admisión de alumnado para ESO e BAC curso 22-23

O alumnado, que non proceda de centros adscritos, poderá presentar a súa solicitude de admisión dende o 1 ao 21 de marzo de 2022, ambos incluídos. O prazo está aberto!

Distribuir contido


by Dr. Radut