Skip to Content

Taboleiro, Delegados/as

CARREIRA DE ORIENTACIÓN POR CENLLE

09/11/2017 08:45
09/11/2017 15:45

Esta actividade consiste en realizar un percorrido de 3 Km. coa axuda dun compás e un mapa, no que están marcados os puntos que hai que visitar de forma obrigada e en orde. Despois da carreira farán unha "Gymkana". Para ver as imaxes desta actividade preme na foto.

Lugar: Cenlle - Ourense.
Grupos: 2º ESO, 3º ESO e 1º BAC.
Organiza: Departamento de Educación Física.

SAÍDA CULTURAL - OURENSE

08/11/2017 08:45
08/11/2017 14:15

Visita a exposición "H2Oh! Los secretos del agua de tu cidudad" e ao Centro de Interpretación As Burgas. Para ver máis imaxes preme na foto.

Lugar: Ourense.

Grupos: 1º ESO.

Organiza: Departamento de Bioloxía.

OBRADOIRO CRUZ VERMELLA-DROGAS

06/11/2017 09:35
06/11/2017 10:25

Obradoiro levado a cabo coa colaboración da Cruz Vermella, no cal se traballarán aspectos relacionados cós hábitos saudables frente ao consumo de drogas . Para ver máis imaxes desta actividade preme na foto.

Lugar: IES Val do Asma.

Grupos: 4º ESO e FP Básica.

Organiza: Departamento de Orientación

EXCURSIÓN POLA RIBEIRA SACRA

25/10/2017 15:00
25/10/2017 20:00

Visitas as igrexas románicas de San Miguel de Eiré e San Fiz de Cangas,  Mosteiro de Ferreira de Pantón, Ecomuseo de Arxeriz e a Adega "Abadía de Cova " a que chegarán camiñando a través dunha pequena ruta de sendeirismo aberta recentemente dende a praia da Cova.

Lugar: Ribeira Sacra.
Grupo: 2º  curso C.S. Axencias de Viaxe e Organización de Eventos
Organiza: Departamento de Turismo.

Para ver máis imaxes preme na foto.

Colabora: Máis que románico

 

WEB DE ORIENTACIÓN

Enlace á web da orientadora do IES Val do Asma, Loli Chas.

EXAMES DE SETEMBRO 2017

Os exames de setembro realizaranse entre os días 1 (venres) e 4 (luns) para ESO, BAC e FP básica e do día 4 (luns) ao 8 (venres) para CS de FP dual.

Calendarios:

Exames de ESO

Exames de BAC

Exames de CB Mantemento de vehículos

Exames de CS dual Desenvolvemento de aplicacións web:

  • Martes 5 de 17:00 a 19:00 Bases de datos NOVA DATA E HORARIO!!!

Exames de CS dual Administración e Finanzas

  • Luns 4 de 09:00 a 11:00 Inglés
  • Mércores 6 de 09:00 a 12:00 Ofimática
  • Venres 8 de 09:00 a 12:00 Contabilidade e fiscalidade

OBTENCIÓN TÍTULO ESO 2017

Publicadas as instrucións para a adopción das medidas necesarias para a aplicación do disposto no Real Decreto 562/2017, de 2 de xuño, polo que se regulan as condicións para a obtención do título de Graduado en ESO e modelo de Consello Orientador da ESO.

Para acceder á documentación preme aquí.

FORMACIÓN EN CENTROS DE TRABALLO EN PORTUGAL - ERASMUS+

Dous alumnos do Ciclo Básico de Mantemento de Vehículos participan, por vez primeira, nun proxecto de movilidade europeo organizado en colaboración coa Asociación APAGA. Este proxecto consiste na realización dunha parte da súa Formación en Centros de Traballo nun taller mecánico en (Lisboa) Portugal dende o 16/05/17 ao 16/06/17.

INSTRUCCIÓNS PROBA DE ACCESO A UNIVERSIDADE (ABAU) 2017

Instrucións para a realización, dentro do curso 2016/2017, da avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU) para curso 2017/2018

OFERTA EDUCATIVA 22-23

No IES Val do Asma pódese cursar:

Ensino Secundario Obrigatorio (1º a 4º) - ESO

Bacharelato (1º e 2º) - BAC

Ciencias 

Humanidades e Ciencias Sociais

Formación Profesional:

F.P. Básica: Mantemento de Vehículos e Informática de oficina

Ciclo formativo de grao medio: Electromecánica de vehículos automóbiles

Ciclo formativo de grao superior: Administración e finanzas

Ciclos formativos de FP dual:

Ademais o centro participa nos seguintes programas:

De mellora do éxito escolar ou Contratos-Programa.

De innovación educativa: Plan Proxecta

De colaboración internacional: eTwinning

 

Os novos itinerarios de 3º ESO, o CB e CM son estudos financiados polo FONDO SOCIAL EUROPEO

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut