Skip to Content

Preguntas frecuentes sobre os nosos ciclos en FP Dual

Ademáis das respostas as preguntas frecuentes máis abaixo, tamén podes contactar para calquera outra co noso Servizo de Atención ao Alumnado de cada ciclo:

O prazo de admisión é do 25 de xuño ao 03 de xullo de 2018 ás 13:00. 

 

Se estás interesado/a poder presentar a túa solicitude na Aplicación web de Admisión a Ciclos da Consellería de Educación.

Que é a Formación Profesional Dual? 

É unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo

O IES Val do Asma é un dos centros líderes na FP Dual en Galicia, con convenios en empresas multinacionais de cada sector.

Que me aporta a FP dual e que vantaxes ten para min sobre a FP ordinaria?

Terás maior facilidade para a túa inserción no mercado laboral mediante a adquisición dunha titulación de formación profesional de xeito simultáneo á túa integración na empresa.

Ao terminar o ciclo terás no teu currículo experiencia profesional real, de especial valor tanto para a empresa colaboradora coma para calquera outra empresa da que che gustaría formar parte.

Recibirás unha remuneración a modo de bolsa durante os períodos de actividades in-company.

A túa competencia profesional é máxima, o acadar tanto un título como experiencia profesional.

A incorporación ao mercado laboral é máis rápida.

Percibe o alumnado de FP dual algún tipo de remuneración?

Con carácter xeral o alumnado percibe unha remuneración proporcional ao tempo de permanencia na empresa que non foi destinado á formación: tempo efectivo de traballo. Para o seu cálculo, utilizarase a contía establecida no convenio colectivo ou, de non existir, a contía do salario mínimo interprofesional.

Nos convenios que este centro conseguiu asinar o alumnado recibe unha bolsa de mínimo 500€ mensuais durante a estadía na empresa ou ben o importe proporcional ao período e xornada de formación in-company.

Cales son as diferenzas entre a FP dual e a FP ordinaria?

A formación realizase alternando formación no centro educativo e formación e experiencia laboral na empresa.

Os requisitos para entrar implican unha selección por parte da empresa

A empresa cotiza á Seguridade Social durante a formación? Teño cobertura sanitaria?

Si, a empresa cotiza á Seguridade Social en concepto de bolseiro durante a formación in-company, e naturalmente tés cobertura sanitaria.

Onde se imparten os ciclos e cal é o horario?

Durante a formación no centro educativo impártense no IES Val do Asma en Chantada (Lugo) na quenda de tarde de 15:05 a 22.30.

Durante a formación na empresa colaboradora, o horario coincidirá coa xornada laboral da empresa.

Cales son os requisitos para acceder aos ciclos? Existe algún límite de idade para cursar a FP Dual?

Os requisitos son:

  • Ter entre 18 e 29 anos na data de inicio do ciclo formativo.
  • Cumprir unha das seguintes condicións relativas ao nivel de estudos: (1) Ter rematado o Bacharelato ou (2) Estar en posesión do título de técnico de FP (un ciclo medio) ou superior (3) Ter superado a proba de acceso a un ciclo superior.
  • Superar unha entrevista previa de selección na empresa se esta o considerase preciso.
  • Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para o poder efectuar.
  • Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.
  • Carecer da cualificación profesional, obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.

Como teño que facer para prescribirme?

Deberás presenta no IES Val do Asma a seguinte documentación:

  • Presentación solicitude Anexo I
  • Currículo co formato Europass.
  • Copia do DNI, NIE ou pasaporte.
  • Certificación de ter algún do estudos mínimos esixidos especificados na resposta á pregunta anterior.

Cal é a duración dos ciclos superiores na FP dual?

Son 2000 horas repartidas en dous cursos académicos onde se combinan a formación no centro educativo coas actividades formativas prácticas e laborais na empresa.

Ten algún custo para min?

Non. Este ciclos superiores son completamente gratuítos para o alumnado, agás a cota do seguro escolar.

Podo solicitar outras bolsas ou axudas para cursar estes ciclos?

Xa a tés garantida como remuneración durante o tempo de formación na empresa, polo que non existen outras bolsas adicionais.

Os títulos obtidos a través desta modalidade teñan a mesma validez que nas outras modalidades?

Si, son os mesmos títulos oficiais.

Podo acceder á universidade ou a outro ciclo superior despois?

Si, coas mesmas condicións que calquera outro ciclo superior.

Cando son os exames?

Temos dúas avaliacións parciais e unha final en setembro. De non superar algún módulo por avaliacións parciais, poderás realizar un exame final en setembro.

Teño os mesmos módulos nun ciclo ordinario que nun dual?

Si, os mesmos, aínda que poden estar distribuídos nos cursos escolares de xeito diferente.

Podo consultar o convenio coa empresa?

Por suposto. Todos os cursos se establece un novo convenio (igual ou algo diferente ao do ano anterior) entre a Consellería de Educación e O.U. e a empresa.

Podes atopar os convenios vixentes na páxina seguinte http://www.edu.xunta.es/fp/convenios-dual.

Localiza os convenio que suscribimos o IES Val do Asma de Chantada coa empresa colaboradora.

Máis información sobre a FP dual en xeral



page | by Dr. Radut