Skip to Content

1ª XUNTA DE DELEGADOS 2019/2020

O pasado 8 de novembro tivemos a primeira Xunta de Delegados na que os representantes dos alumnos/as comunicaron á Xefa de Estudos as súas propostas de mellora: poñer unha fonte de auga no patio, introducir unhas caixas para depositar os teléfonos móbiles en 3º da ESO, organizar unha saída de convivencia de grupo-clase de fin de curso, facer unha mellor xestión do lixo clasificando e reciclando... Do mesmo xeito fixeron un exercicio de reflexión e autocrítica detectando as materias nas que máis dificultades teñen, aquelas nas que hai máis condutas disruptivas e aqueloutras que requiren un maior esforzo.

A Xefa de Estudos, pola súa banda, recordoulles as normas básicas de convivencia, recolleu as súas propostas comprometéndose a transmitilas á equipa directiva e buscando mediar entre alumnado-profesorado. Tamén presentou o programa de reciclaxe que se desenvolverá no noso centro no vindeiro trimestre.

Tratouse, sen dúbida, dunha experiencia única e moi enriquecedora.

Adxúntanse imaxes de dita reunión.

AdxuntoTamaño
Xunta delegados 1.jpg37.81 KB
Xunta delegados 2.jpg38.63 KB
Xunta delegados 3.jpg41.29 KB


story | by Dr. Radut