Skip to Content

GRADUACIÓN 1ª PROMOCIÓN C.S. DUAL

14/03/2018 19:30
14/03/2018 21:30

Con motivo da finalización do período lectivo da Primeira Promoción do alumnado dos Ciclos Superiores de F.P. dual, o IES Val do Asma celebrará un acto de graduación ao que asistirán representantes das empresas colaboradoras do Grupo HOTUSA, da comunidade educativa e familiares e amigos/as do alumnado. Neste acto cada alumno/a recibirá un diploma acreditativo da súa formación. Ao final do acto servirase unha bebida e un petisco. Para ver as imaxes deste evento preme na foto.

Lugar: Auditorio de Chantada (entrada con invitación).

Grupos: CS Axencias de viaxes e xestión de eventos, CS Desenvolvemento de aplicacións web e CS Administración e finanzas (dual).

Organiza: Departamento de Hostalaría e Turismo.

 



event | by Dr. Radut