Skip to Content

Eventos

Seleccionar filtrado por categoría
Seleccionar filtrado por tipo de evento
Venres Decembro 14, 2018
Comezo:14/12/2018 13:25
Fin:14/12/2018 14:00

O responsable de SEO/SEM do Grupo HOTUSA acudirá ao IES Val do Asma o próximo venres 14 de decembro, para explicarnos como se emprega na práctica, no día a día dunha empresa multinacional, unha ferramenta como Google Analytics en relación ao posicionamento, á segmentación de usuarios e campañas. 

As analíticas web son un dos segredos mellor gardados no marketing actual. Convidámosvos a participar nesta interesante sesión!

Lugar: Salón de Actos IES Val do Asma

Participa: CS de Desenvolvemento de Aplicacións Web e todos aqueles membros da comunidade educativa que desexen achegarse á actividade.

Organiza: Departamento de Informática

Martes Decembro 18, 2018
Comezo:18/12/2018 16:00
Fin:18/12/2018 17:15

Co gallo da celebración do 40 aniversario da Constitución Española recibiremos a visita do exdeputado David Bruzos Higuero que nesta segunda actividade do Parlamentando falaranos da súa experiencia no Congreso dos Deputados en Madrid. Para máis información preme aquí.

Lugar: Biblioteca do IES Val do Asma

Grupos: CS Administración e finanzas nas modalidade de dual e ordinario, 1º BAC e 4º ESO.

Organiza: Departamento de Administración e xestión.

Para ver máis imaxes do evento preme na fotografía.

Venres Decembro 21, 2018
Comezo:21/12/2018 10:25
Fin:21/12/2018 14:00

Como actividade de fin de trimestre, o alumnado acudirá a ver unha película, de balde, coa que traballar valores educativos dentro dos Contratos programa de Mellora da convivencia.

Lugar: Multicines de Monforte de Lemos

Grupos: ESO e FP básica (tódolos cursos)

Organiza: Departamento de Orientación

A entrega dos boletíns de notas correspondentes á 1ª avaliación efectuarase o venres 21 de decembro de 2018 por parte do titor, na aula de referencia do grupo correspondente nos seguintes horarios:

10:20 horas CS dual WEB 2º curso
   
14:00 horas

ESO e BAC

CB, CM e CS en réxime ordinario

CS dual AXENCIAS 1º curso

   
18:20 horas

CS dual AXENCIAS 2º curso

CS dual ADFI

Distribuir contido


by Dr. Radut