Skip to Content

Eventos

Seleccionar filtrado por categoría
Seleccionar filtrado por tipo de evento
« Semana do 29 de Outubro de 2018 »
LunMarMérXovVenSábDom
29
Comezo:29/10/2018 16:50
Fin:29/10/2018 17:20

O luns 29 de outubro de 2018 ás 16:50 horas celebrarase no Salón de Actos do IES o sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral encargada de organizar e supervisar o procedemento electoral dos novos membros do Consello Escolar

30
31
Comezo:31/10/2018 11:45
Fin:31/10/2018 14:15

O próximo 31 de outubro o alumnado de Turismo, dentro do seu módulo Organización de eventos, coordinará a realización dunha serie de actividades lúdicas relacionadas coa festividade de Samaín.

Tratarán de amosarnos como a celebración de Halloween chegou a América da man de emigrantes irlandeses que levaron alí as súas crenzas de orixe pagá, para isto contaremos coa axuda de Eoin, o noso auxiliar de conversa.

Haberá sorpresas arrepiantes!

 Lugar: IES Val do Asma

Grupos:1º e 2º de Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos, e 1º e 2º ESO.

Organiza: Departamento de Hostalaría e Turismo.

Colabora: Departamento de Inglés.

Para ver máis fotos preme na imaxe.

Se queres ver a nova en Televinte preme aquí.

1
2
3
4
Distribuir contido


by Dr. Radut