Eventos
Mér | ||
---|---|---|
Comezo:31/10/2018 11:45
Fin:31/10/2018 14:15
O próximo 31 de outubro o alumnado de Turismo, dentro do seu módulo Organización de eventos, coordinará a realización dunha serie de actividades lúdicas relacionadas coa festividade de Samaín. Tratarán de amosarnos como a celebración de Halloween chegou a América da man de emigrantes irlandeses que levaron alí as súas crenzas de orixe pagá, para isto contaremos coa axuda de Eoin, o noso auxiliar de conversa. Haberá sorpresas arrepiantes! Lugar: IES Val do Asma Grupos:1º e 2º de Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos, e 1º e 2º ESO. Organiza: Departamento de Hostalaría e Turismo. Colabora: Departamento de Inglés. Para ver máis fotos preme na imaxe. Se queres ver a nova en Televinte preme aquí. |
