Visita do escritor Francisco Castro. É escritor de máis de 20 obras literarias, traducidas a diversas linguas e merecentes de distintos premios e distincións. Entre outros é autor de Chamádeme Simbad, Iridium e O corazón da Branca de Neve.
Dirixido a: Alumnado 3º ESO, 3º PDC e 1º BAC. Lugar: Salón de actos do IES. Organiza: Departamento de Lingua Galega.
Obradoiros Talento Mozo 2024 é un programa de educación non formal no ámbito educativo, promovido pola Consellería de Política Social e Xuventude coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que se desenvolve a través de obradoiros participativos. Neles, daranse a coñecer as experiencias profesionais e de vida de diferentes mozos e mozas galegos para inspirar os alumnos de educación secundaria obrigatoria. Ligazón á convocatoria.
Dirixido a: Alumnado de 3º ESO e 3º PDC. Lugar: Aula de referencia. Organiza: Departamento de Orientación.
Dirixido a: Alumnado de 2º CB Informática de oficina, 2º CB Mantemento de vehículose e 4º ESO Bioloxía. Lugar: Chantada. Organiza: Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
Participación no concurso de ámbito nacional, Canguro matemático, organizado pola Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas (FESPM).
Destinatarios/as: Alumnado, previamente inscrito, que vai dende 1º ESO ata 1º BAC. Lugar: Salón de Actos Colabora: Departamento de Matemáticas
Desde o Equipo de Biblioteca queremos celebrar o Día da Poesía, 21 de marzo, co seguinte vídeo, no que parte do noso alumnado e profesorado recita poemas e versos para homenaxear así á nosa literatura.
Cartel elaborado polo alumnado de Expresión Artística de 4º ESO no que tamén colaboraron alumnado de 1º BAC para conmemorar o Día Internacional da Muller.
O Servizo de Educación e Apoio Familiar do Concello de Chantad, está a organizar un obradoiro "Educacion Emocional e Sexual na Familia" que impartirán dende o Centro Quérote + de Lugo. Este obradoiro que está dirixido a nais, pais, avós, avoas, tíos/as, educadores/as, etc., terá lugar o mércores, 19 de abril de 17:00 a 18:30 no Telecentro. Poderán ir acompañados/as das crianzas, xa que facilitarán un espazo de conciliación da man de Velaisca noutra aula do Telecentro. Para participar as familias teñen que inscribirse enviando un correo electrónico a este enderezo (educacionfamiliar@concellodechantada.org), indicando nome completo e teléfono de contacto. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición.
O IES Val do Asma foi, un ano máis, seleccionado para participar no Programa eduemprende Actúa da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.