O prazo para solicitar as bolsas de estudos para BAC e para FP, convocadas polo Ministerio de Educación, abrangue dende o 19 de marzo ás 9:00 horas ata o 10 de maio de 2024 ás 15:00 horas. Desde aquí podes acceder directamente á solicitude, podes consultar o documento informativo e se precisas máis información acude ao Departamento de Orientación.
Alumnado de 3º ESO e PDC terán a terceira sesión, de catro, do laboratorio de fotografía e identidade "O espello de Claude" impartido polo psicólogo e fotógrafo Fuco Reyes, ofrecido por Afundación. Para máis información preme aquí.
Dirixido a: Alumnado de 3º ESO e 3º PDC. Lugar: Aula de referencia. Organiza: Departamento de Orientación.
Parcicipación nunha das actividades organizadas polo Concello de Chantada con motivo do Día da Muller, que foi cancelada por mor do mal tempo o pasado 8 de marzo.
Destinatarios/as: Alumnado de 1º ESO Lugar: Chantada Colabora: Departamentos de Orientación e de ACE (Actividades Complementarias e Extraescolares).
Obradoiro de motivación, metas, obxectivos e hábitos para o alumnado de 4º ESO. Traballarase a competencia emocional para activar a motivación e realizar un perfil vocacional do alumnado.
Dirixido a: Alumnado de 4º ESO. Lugar: Aula de referencia. Organiza: Departamento de Orientación.
Dirixido a: Alumnado de 1º e 2º CB Informática de oficina e 1º CS Desenvolvemento de aplicacións web. Lugar: Santiago de Compostela. Organiza: Departamento de Informática.
Obradoiros Talento Mozo 2024 é un programa de educación non formal no ámbito educativo, promovido pola Consellería de Política Social e Xuventude coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que se desenvolve a través de obradoiros participativos. Neles, daranse a coñecer as experiencias profesionais e de vida de diferentes mozos e mozas galegos para inspirar os alumnos de educación secundaria obrigatoria. Ligazón á convocatoria.
Dirixido a: Alumnado de 3º ESO e 3º PDC. Lugar: Aula de referencia. Organiza: Departamento de Orientación.
Alumnado de 3º ESO e PDC terán a segunda sesión, de catro, do laboratorio de fotografía e identidade "O espello de Claude" impartido polo psicólogo e fotógrafo Fuco Reyes, ofrecido por Afundación. Para máis información preme aquí.
Dirixido a: Alumnado de 3º ESO e 3º PDC. Lugar: Aula de referencia. Organiza: Departamento de Orientación.
As probas diagnósticas de 4º de Primaria e 2º de ESO fixadas polo Ministerio de Educación a través da LOMLOE serán o 10 e 11 de abril en horario de 9:00 a 12:05 horas. Para máis información preme aquí.
Acceso á resolución pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico de educación primaria e educación secundaria obrigatoria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2023/24
Actividade promovida polo Espazo Xove Chantada destinada ao alumnado do 2º ciclo da ESO.
Dirixido a: Alumnado de 3º ESO (de 9:25 a 10:25 horas) e 4º ESO (de 10:25 a 11:20 horas). Lugar: Chantada. Organiza: Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares.