Skip to Content

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Irene Gafaell e Desirée Vila dan leccións de vida no IES Terra de Turonio

Este mércores visitaron o IES Terra de Turonio a domadora galega Irene Gefaell e a deportista Desiré Vila, ex alumna do centro.

 

Irene Gefaell achegouse ao centro para impartir unha charla ao alumnado do Ciclo de Actividades Físico-Deportivas no Medio Natural e a alumnado da ESO. Antes diso gravou unha entrevista en Radio Turonio, a radio do centro. Raquel foi a alumna encargada de preguntar pola súa relación cos cabalos. No Ciclo impártese un módulo onde o alumnado aprende a montar para conducir grupos a cabalo.

Irene Gefaell falou sobre a súa experiencia na doma de cabalos e en diversos aspectos do mundo equino como a súa biomecánica, etoloxía e coidados. Que sinte un cabalo? Como ve o mundo? Cal é a súa vida? Estas foron algunhas das preguntas ás que Irene deu resposta acompañada de imaxes e vídeos da súa experiencia. Irene é unha recoñecida especialista en doma natural e conta cun centro de recuperación cabalar destinado a equinos maltratados.

Tamén tivo oportunidade de coñecer o proxecto Ceibes no monte (www.ceibesnomonte.com) que o instituto desenvolve desde hai anos e no que se realizaron exposicións e publicacións como o libro Ceibes no monte co que foi agasallada.

Irene Gefaell ten impartido charlas por toda a península ibérica. Naceu en Portugal e actualmente reside en Pontevedra.

 

Desi Vila, ex alumna do centro, foi recibida cunha calorosa ovación por parte do alumnado do centro. A súa exposición foi todo o percorrido pola súa carreira de superación persoal que a levou a converterse nunha deportista que vai competir no próximo mundial de atletismo en Dubai do 7 ao 15 de novembro. Precisamente este foi un dos últimos actos antes de partir para o campionato mundial o vindeiro sábado.

Desi lembrou o seu paso polo instituto e aos seus colegas que aínda conserva como amizades. Falou sobre o seu accidente como ximnasta e do posterior proceso de adaptación ás próteses. Contou que o deporte sempre foi unha faceta que estivo presente na súa vida e que agora mesmo é un dos seus intereses principais xunto coa súa formación, a carreira de Relacións Internacionais en Madrid, onde reside.

Desi tamén gravou unha entrevista en Radio Turonio e atendeu todas as solicitudes de fotos e selfies do alumnado.

Desde o instituto van transmitirlle a Desi todo o apoio para que o campionato do mundo de Dubai sexa un éxito para poder estar en Tokio nos próximos xogos olímpicos.

Desde a dirección do IES Terra de Turonio véñense realizando actividades que promoven a igualdade e ao mesmo tempo poñen en valor o esforzo e o exemplo de mulleres que son modelos para o alumnado.

 

Doma natural e deporte paralímpico no IES Terra de Turonio

Este mércoles 30 de octubre visitarán o IES Terra de Turonio a domadora galega Irene Gefaell e a deportista Desiré Vila, ex alumna do centro.

 

Irene Gefaell impartirá unha charla ao alumnado do Ciclo de Actividades Físico-Deportivas en medio Natural e a alumnado da ESO que teñen interese na temática dos cabalos. Irene Gefaell é unha recoñecida especialista na doma de cabalos e en diversos aspectos do mundo equino como a súa biomecánica, etoloxía e coidados. Irene Gefaell impartiu charlas por toda a península ibérica. Naceu en Portugal e actualmente reside en Pontevedra. Este acto terá lugar ás 12:00 horas nol salón de actos del instituto.

 

Desi Vila, ex alumna do centro, impartirá unha charla ao alumnado do Ciclo e da ESO sobrelos deportes paralímpicos xusto antes de partir para Dubai donde do 7 ao 15 de novembro vanse celebrar os campeonatos mundiais de atletismo. Esta charla será ás 13:30 horas.

Alumnado do centro na Universidade de Vigo

Profesores nas ondas

 

Alumnos e alumnas  de 4º da ESO poden explicar como se fai un podcast, un programa de radio ou unha retransmisión radiofónica. Iso foi o que fixeron na Universidade de Vigo un grupo os estudantes do IES Terra de Turonio de Gondomar representando a Ponte...nas ondas! no Master do Profesorado,  xunto con Santiago Veloso, profesor do centro.

 

            No noso instituto, un dos centros de Ponte...nas ondas!, realizan emisións en directo a través de Internet, elaboran podcasts de diversas temáticas e difunden vídeos e audios a través das redes sociais e Whatsapp.

            O pedagogo e profesor do Master da Universidade de Vigo, Xosé Manuel Cid introduciu as dúas sesións e destacou a traxectoria de Ponte...nas ondas! como unha das iniciativas de renovación pedagóxica e innovación educativa máis importantes das últimas décadas.  Ademais salientou o papel realizado polas escolas galegas e portuguesas na recuperación e posta en valor do patrimonio común inmaterial.

            Entre os asistentes, estaban os grupos de graduados de diversas especialidades de  Ciencias e Tecnoloxías,  Formación profesional, FOL, Servizos á Comunidade, Linguas estranxeiras,   Linguas oficiais, etc. O interese dos graduados da Universidade de Vigo que cursan o Master de formación do profesorado por Ponte...nas ondas! está na súa aplicación didáctica nas aulas como unha metodoloxía  transversal ás diversas áreas do currículo formativo do alumnado.

 

            Jessi Iglesias, relatou a súa experiencia en Radio Turonio, a radio do instituto, desde 1º da ESO no que comezou a facer programas. Tamén contou como participou nese curso na retransmisión do acto de entrega de premios  Lois Peña Novo desde o Castelo de Soutomaior. Desde entón Jessi ten entrevistado a xornalistas como Xaime Escudeiro da Radio Galega e realizado programas e podcasts.

            Carlos Enrique Pérez foi o encargado de explicar a inauguración do portal Web www.escolasnasondas.com que el mesmo presentou xunto ao entón Reitor, Salustiano Mato,  na radio do instituto. Carlos non descarta dedicarse á comunicación e dixo que xa superou a súa fase de Youtuber e que agora está centrado na música.

Araitz Aldamizetxebarría,  xunto con Jessi González,  foron as encargadas de realizar unha lectura poética do texto “Libre o meu pensamento” de Ana Romaní con motivo do Día de Rosalía de Castro. Araitz detallou a realización de podcats para a materia de Lingua Galega ou para a radio empregando programas como Audacity ou Ivoox.

            Claudia Comesaña, que xa participara no curso pasado nunha xornada do Master, explicou como funciona a radio no centro e como participaron no Día Mundial da Radio xunto coa Escola Secundaria de Valença do Minho realizando un programa conxunto desde a Radio Municipal de Tui.

            Santiago Veloso, profesor e coordenador de Ponte...nas ondas! destacou a fórmula integradora e novidosa no ámbito da alfabetización multimedia que desde hai máis de dúas décadas se desenvolve nos centros educativos. Desde as primeiras actividades de radio escolar nos anos 90 até a actualidade dos podcasts e os vídeos por Whatsapp, diversas foron as experiencias realizadas nos centros educativos. O empoderamento do alumnado diante dos micrófonos contribúe a desenvolver as competencias básicas e a mellorar a súa formación integral.

            A  exposición do proxecto de Ponte...nas ondas! contemplou diversas proxeccións onde se mostrou o traballo co patrimonio inmaterial galego-portugués ao longo destes 25 anos. Esta abordaxe do patrimonio común a través da radio e das novas tecnoloxías espertou o interese dos graduados que se interesaron por actividades como os encontros de xogos tradicionais, os tesouros humanos vivos ou as recollas de patrimonio inmaterial realizadas desde as escolas.

IV CONGRESO DE SAÚDE

O luns 17 de xuño do 2019 pola tarde celebrouse no instituto a IV Congreso de Saúde de Terras de Turonio. O alumnado de terceiro da ESO presentou baixo o eslogan “Se non coidas o teu corpo, onde vas vivir? “ datos relacionados coas enfermidades e hábitos saudables presentes nos seus familiares e veciños.

Este ano como novidade realizouse unha mesa redonda onde participaron pais, alumnos e a doutora Olga Villar. Xuntos analizaron a importancia de levar uns hábitos de vida saudables para a nosa calidade de vida e poder previr moitas patoloxías como a hipertensión ou ter alto o colesterol. Tamén  falouse das dificultades que atopamos hoxe en día para levar unha dieta sana ou a falta de tempo para facer exercicio e como superalas.

Bicos con lingua Letras galegas 2019

16 de maio de 2019, espectáculo das letras galegas:

Todo o centro acudiu ao auditorio Lois Tobío a gozar da representación teatral "Bicos con lingua" a cargo da compañía Talía Teatro.

EXPOTURONIO 2018-2019

O martes30 de abril celebrouse unha nova edición de EXPOTURONIO.

Nunha xornada de portas abertas, na que se recibiu a visita de pais e alumnado dos colexios de primaria, puidemos visitar unha gran variedade de postos nos que se abordaba o tema deste ano,  "A felicidade".

Pódense botar unha ollada ás fotos na galería de imaxes.

Correlingua 2019

O pasado martes 14 de maio, o alumnado de 2º de ESO participou no Correlingua 2019. Unha actividade de normalización lingüística na que as rapaces e rapazas fan unha carreira lúdico-reivindicativa a prol da nosa lingua. Se queredes mirar todas as fotos ide á Galeria de imaxes.

Campaña a prol da compostaxe en Gondomar

O pasado mes de marzo a cadea de televisión TELEVIGO interesouse pola campaña que está a desenvolver o alumnado da asignatura Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional de 4º de ESO. Visitaron a composteira de Gondomar e máis o instituto e fixeron unha reportaxe sobre este tema con entrevista a Silvia e a alumnos que participan na campaña.

 

Reportaxe emitida no programa Plató Abierto de TELEVIGO sobre o programa de reciclaxe que se desenvolve no instituto.

 

CEIP de Panxón visita o centro (marzo 2019)

O xoves 28 de marzo visitaron os estudios de Radio Turonio un grupo de alumnado e profesorado do Colexio de Educación Especial de Panxón de Nigrán. Aproveitamos a visita para coñecer as súas inquedanzas e tamén para saber máis do seu día a día no centro. Esta foi a conversa que mantivemos...

 

O ALUMNADO DO CICLO NA XORNADA DE DEPOEMPRENDE 2019

Onte, día 27 de marzo, o alumnado do ciclo asistiu á Deputación de Pontevedra ao acto de presentación dos dous proxectos seleccionados que fixeron ao longo deste trimestre no módulo de "Administración, xestión e comercialización na pequena empresa" que imparte a profesora Cristina Blanco Becerra.

Presentaron dous proxectos:

Octopus Adventurer consistente en actividades de turismo activo como roteiros en piragüa, bicicleta, senderismo e rocódromo con pisicina. O grupo está formado por Uxía Paz, Alejandro Burguillos, Luis Fernández e Kevin Barcia.

Blind runner consistente en realizar bicicleta, sendeirismo e  carreiras por montaña, estas dúas últimas adaptadas para cegos. O grupo está formado por Jorge Fernández, Óscar Santiago e Leyla Rouco.

Distribuir contido


by Dr. Radut