Skip to Content

Comedor escolar

MENÚ MENSUAL SETEMBRO 2024

En adxuntos pode abrirse o menú mensual. Hai que ter en conta que neste centro só hai servizo de comedor os luns de 15:00 a 17:00.

COMEDOR ESCOLAR 2024-2025

COMEDOR ESCOLAR DE XESTIÓN INDIRECTA (CÁTERING) XUNTA DE GALICIA

CURSO 24-25

COMEZO DE CURSO: luns 16. 

ADMITIDOS: listaxe exposta no taboleiro do centro.

RESERVA: listaxe exposta no taboleiro do centro

CATERING PARA O CURSO 2024-2025: MEDITERRÁNEA GROUP.

Pódese descargar a ficha para o alumnado que ten alerxias alimentarias así como as instrucións.

 

 

O comedor do centro está xestionado pola Xunta de Galicia seguindo a normativa:

-Decreto 132/2013

-Instrución 2/2024

Día: os luns de 15:00 a 17:00 nunha única quenda.

Capacidade: 30 usuarios.

Lugar: cafetería do centro.

Solicitude: realízase mediante impreso de autodeclaración das tarifas tomando como referencia a declaración da renda de 2023 que esterá dispoñible na secretaría do centro ou descargando do arquivo adxunto.

 

Selección e admisión de usuarios no caso de haber máis solicitudes que prazas:


1. Usuarios do curso anterior do comedor.

2. Usuarios de dereito do servizo de transporte escolar

3. Ter unha irmá/n matriculado no centro e ser usuario do comedor escolar.

4. Alumnado en situación socioeconómica de exclusión social, discapacidade igual ou superior ao 33% certificado.

5. Alumnado membro de familias numerosas.

6.Alumnado fillo de pais e nais, titores legais ou acolledores familiares, traballadores ambos os dous con incompatibilidade dos seus horarios laborais co horaio de saída do seufillo/a ao mediodía con documentación acreditada.

7.Alumnado do centro escolarizado fóra de área de influencia que lle corresponde.

O alumando do punto 7, no caso de ser admitido, deberá aboar a cantidade máxima de 4,50€.

 

 

NORMAS DE FUNCIONAMENTO DO COMEDOR ESCOLAR 2024-25

O comedor escolar do centro está xestionado pola Xunta de Galicia segundo a Instrución 2/2024 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de cultura, educación e universidade do 1 de xuño sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso 24-25. Consta de 30 prazas e sérvese en servizo de ctering na cafetería do centro.

INCIDENCIAS

A responsable do comedor escolar é a directora do centro e, polo tanto, calquera incidencia que se queira comunicar farase a través dela, cubrindo un impreso para tal fin.

FALTAS DE ASISTENCIA

         Aquel alumnado que teña unha causa xustificada programada (cita médica...) deberá avisar ao centro o venres anterior da ausencia prevista para poder comunicar á empresa que haberá un menú menos.

·        

No caso de faltar o mesmo luns, os usuarios deberán comunicar a súa ausencia antes das 9:30 do luns. Do contrario, os usuarios que non o comuniquen deberán facer o aboamento do comedor, no caso de pagar, e serán privados durante 10 días de uso.

 PAGAMENTO

        Os usuarios que lles corresponde pagamento teñen que cubrir e entregar un impreso de domiciliación bancaria  que se entragará á directora antes do venres 20 de setembro.

 

·        

A falta de pagamento mensual impedirá a utilización do comedor no mes seguinte.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut