Skip to Content

Física e Química

Adaptacións das programacións Fisica Curso 2019-2020

Nos arquivos adxuntos pódense consultar as adaptacións das programacións do curso 2019-2020 motivadas polas circunstancias da pandemia do COVID19

PREMIADOS EN INSPIRACIENCIA VI EDICIÓN

"A Carreira " de Anxo Iglesias ven de ser premiado como finalista na categoría xuvenil en galego do Certame Inspiarciencia. Seguindo o ronsel encetado por Fran Alvarez, gañador na edición anterior na modalidade en castelán co relato titulado "Boro." O profesor de Física e Química tentou empurrar a participación do alumnado por medio dun relato propio titulado "O remedio de Averroes" que tamén ficou finalista na categoría de adultos.

CIENCIA E LITERATURA. INSPIRACIENCIA 2016. (CSIC-Barcelona)

Dentro das actividades didácticas recollidas na Programación do Departamento de Física e Química no 2015-2016, veñen de presentarse ao certame literario Inspiraciencia decenas de relatos breves de inspiración científica, redactados en galego ou castelán polo noso alumnado.  Oxalá que o éxito alcanzado na anterior edición sexa sementeira dos que han de vir no futuro. Parabéns a todos pola entusiata participación, tanto dentro coma fora do horario lectivo. Alea iacta est!

Ciencia en Movemento 2016

A Historia da ciencia como ferramenta didáctica, a problemática medioambiental, e a interacción ciencia e literatura vertebran a traxectoria pedagóxica desenvolvida polo departamento de Física e química  do noso centro educativo. Por segundo ano consecutivo organizamos o mércores 20 de xaneiro unha  exitosa xornada de  “ciencia en movemento”:

Distribuir contido


by Dr. Radut