Skip to Content

Novas E-DIXGAL

Configurar mensaxeria de EDIXGAL

Neste vídeo o alumnado de EDIXGAL ten indicacións de como manexar a mensaxería e como recibir notificacións de mensaxes novas.

 

 

Se queres velo en youtube  https://youtu.be/82MNm3UI0_4

 

Videoconferencias con Webex

sellería ven de habilitar un servicio de videoconferencias para a comunicación entre profesorado e alumnado.

Para utilizalo hai dúas formas de acceder:

1. O profesor envía aos seus alumos por correo electrónico, ou outros medios, un enlace propio, que terá a seguinte forma     https://eduxunta.webex.com/meet/usuario      e que os leva directamente á reunión.

2. O profesor envía un número ID e unha contraseña da reunion ao alumnado, o alumnado carga a aplicación  https://eduxunta.webex.com/ e introduce a información que lle enviou o seu profesor para acceder á reunión.

 

Fai clic AQUI  para ver as instruccións

Tamén podedes ver unha explicación no vídeo

 

Se queredes velo en youtube   https://www.youtube.com/watch?v=BUp6_7ZfcDk&t=51s

Plan de promoción do talento dixital

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) está a impulsar o Plan de Promoción de Talento Dixital de Galicia 2020, DigiTalent, que arrinca este curso con máis de 2.500 prazas en actividades para o fomento das vocacións STEM.

No espazo web amtega.xunta.gal/digitalent está dispoñible o catálogo completo de actividades do curso 2018/2019 para coñecer as principais actuacións das que poderán beneficiarse os centros educativos.

A este respecto, a primeira das iniciativas en poñerse en marcha é o programa Tecnólog@ por un día promovido pola Amtega. Unha oportunidade única para que estudantes de 12-17 anos vivan en primeira persoa un día de traballo no marco das profesións dixitais da man de grandes empresas TIC.

Os centros educativos xogan un papel fundamental para que o alumnado poida participar nesta actividade, xa que a inscrición realizarase a través do persoal docente na web DigiTalent (amtega.xunta.gal/tecnologo-por-un-dia) a partir do próximo 17 de outubro e ata o día 26 de outubro.

O alumnado interesado en participar poñerse en contacto coa coordinadora edixgal Luisa Pita

 

Titorial edixgal para familias

Na lapela Protocolo e-dixgal atópase un titorial sobre o uso de e-dixgal para as familias

Benvidos a un centro E-DIXGAL

 

 

Este curso 2018-2019 que comenza bótase a andar por primera vez este novo proxecto no centro.

E-DIXGAL supón continuar apostando polas novas tecnoloxías dixitais nos métodos de aprendizaxe modernos.

No menú desta páxina  chamado AULAS E-DIXGAL poderedes atopar novas e calquera comunicación ou tema relacionado que afecte ao centro.

E-DIXGAL incidencias

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria xunto coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) poñen a sua disposición o Servizo Premium de Atención, Soporte e Acompañamento. Dito servicio está disponible para xestionar e solucionar calquera consulta, incidencia, ou aclaracións de dúbidas que teñan sobre o equipo do/a alumno/a ou o acceso e uso da Plataforma de Contidos Dixitais (EVA) tanto online como offline.

Co fin de axilizar a resolución de incidencias e acortar distancias entre os usuarios do servizo e a infraestructura de soporte, o Servizo Premiun pon en marcha duas novidades: por un lado, a atención no domicilio dos docentes e familias se fose necesario, e, por outra parte, a atención descentralizada en 80 Puntos Físicos de Atención Especializada repartidos nas catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia, situados estratexicamente de maneira que cada centro E-Dixgal dispoña nas súas proximidades dun destes puntos.

O contacto co Servizo Premiun pódese facer durante as 24 horas do día a través do número de teléfono 881 86 99 00 ou do correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.es

Novo material e titoriais para o uso da aula abalar

Temos un novo recurso na aula virtual para usuarios das aulas abalar que desexen afianzar os seus coñecementos. Atópase en Proxectos de Centro/ Espazo Abalar ou ben clicando no seguinte link :

Espazo Abalar

Distribuir contido


by Dr. Radut