Skip to Content

abalarMobil

Os avisos e notificacións que faga o centro serán enviadas a través da aplicación abalarMóbil. Desta maneira queremos mellorar o sistema de comunicación asegurándonos de que os avisos chegan directamente a pais e nais, e aforrando considerablemente en papel e fotocopias. Ademáis o sistema ofrece outros servicios que serán do seu interese.

 abalarMóbil é unha aplicación que permite ás familias consultar a información académica de calquera dos seus fillos a través do teléfono móbil. As diferentes funcionalidades e servizos que se poden utilizar dende abalarMóbil, son:

        Acceder aos datos persoais
        Consultar as cualificacións
        Comprobar e xustificar as faltas de asistencia
        Consultar o apartado de faltas de conduta
        Consultar os datos do centro educativo
        Solicitar unha titoría
        Consultar os avisos ou notificacións
        Consultar as incidencias

DESCARGA

A descarga desta aplicación no teléfono móbil faise dende Apple Store (se o sistema operativo é iOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android).

 

REXISTRO

Unha vez instalada a aplicación deberase realizar o rexistro creando o usuario e o contrasinal para poder acceder. Para iso é preciso seguir estes sinxelos pasos:

• Introducir o numero de teléfono móbil e premer en "Enviar".

• Introducir, na seguinte pantalla, o código recibido por sms e premer en "Enviar código".

• A continuación, escribir o contrasinal que se utilizará para acceder á aplicación nos dous recadros e premer en "Aceptar".

• Finalmente pulsar en "Continuar" para completar o proceso de rexistro. Introducir aquí o contrasinal e premer en "Aceptar". Seleccionar o alumno, pulsando sobre o seu nome

 

MAIS INFORMACIÓN

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil

Nesta dirección tedes códigos QR para descargar a aplicación e un video explicativo do funcionamento da aplicación.

 



page | by Dr. Radut