Skip to Content

ADMISIÓN A CICLOS 24-25

Calendario de admisión a ciclos

  • Día 17 xullo : listaxes definitivas
  • Día 17 de xullo ao 22 de xullo ás 13:00h: 1ª adxudicación e matriculación

MATRÍCULACIÓN: TAL COMO FIGURA NO PROCESO DE ADMISIÓN NAS INSTRUCIÓNS DA PÁX.9

As persoas que participen no proceso de admisión centralizado e obteñan algunha praza adxudicada terán que se matricular no período de matrícula da correspondente adxudicación. Para efectuar esta matrícula, deberán obter o modelo de impreso de solicitude de matrícula que estará dispoñible en http://www.edu.xunta.gal/fp. Este documento, cuberto coa matrícula e asinado, deberase entregar persoalmente ou por persoa autorizada no prazo de matrícula establecido para a correspondente adxudicación no centro en que lle fose adxudicada a praza en que se vaia matricular. Así mesmo, está dispoñible o servizo de reserva/matrícula de praza a través da aplicación informática; esta é unha opción máis recomendable que a de efectuala de xeito presencial. De non efectuar a matrícula na praza adxudicada no prazo establecido para o efecto, perderá o dereito á praza e só poderá matricularse no caso de existir vacantes.

Para o 1º curso da oferta ordinaria poderase realizar a solicitude/reserva de matrícula nas prazas adxudicadas a través de internet na aplicación informática que se atopará no enderezo web http://www.edu.xunta.gal/fp. Para o acceso, entre outros procedementos de autenticación, será preciso cubrir os datos de identificación e do código da solicitude de admisión coa que se obtivo a praza adxudicada. A solicitude de matrícula web deberase facer no prazo indicado no calendario para esa adxudicación. O centro, durante a primeira semana de clase, solicitaralle ao alumnado matriculado por este procedemento a xustificación do pagamento do seguro escolar e poderá solicitar a documentación relativa ao requisito de acceso. Non atender estes requirimentos pode ser causa de anulación da matrícula ou baixa de oficio. Calquera outra documentación que o centro considere necesaria non ten carácter obrigatorio de entrega por parte do alumnado.

EnlaceFP

DÍAS FESTIVOS EN GONDOMAR

O centro permanecerá pechado por ser festivo local en Gondomar:

  • 11 de Xullo
  • 16 de agosto

 

HORARIO DE VERÁN:

9:00 A 13;30

COMEDOR ESCOLAR 2024-2025

O comedor do centro está xestionado pola Xunta de Galicia seguindo a normativa:

  • Decreto 132/2013 e orde 21 de outubro de 2022
  • Instrución 2/2024

Día: os luns de 15:00 a 17:00 nunha única quenda.

Capacidade: 30 usuarios.

Lugar: cafetería do centro.

Solicitude: realízase mediante impreso de autodeclaración das tarifas tomando como referencia a declaración da renda de 2023 que esterá dispoñible na secretaría do centro ou descargando do arquivo adxunto.

 Selección e admisión de usuarios no caso de haber máis solicitudes que prazas:


1. Alumnado usuario do curso anterior do comedor, salvo que variase substancialmente o criterio polo cal fose admitido.

2. Alumnado usuario de dereito do servizo de transporte escolar segundo instrución 1/2024.

3. Agás no caso de alumnado escolarizado voluntariamente en centros fóra de zona, ter un/unha irmán que vai continuar matriculado co centro para o curso que solicite o servizo e sexa usuario do comedor escolar no momento de formalizar a solicitude.

4. Alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social ou teña unha  discapacidade igual ou superior ao 33% certificadas polos servizos sociais ou municipais correspondentes.

5. Alumnado membro de familias numerosas, monoparentais, situación acreditada mediante certificación, título ou inscrición no rexistro correspondente.

6.Alumnado fillo de pais e nais, titores legais ou acolledores familiares, traballadores ambos os dous con incompatibilidade dos seus horarios laborais co horario de saída do seufillo/a ao mediodía con documentación acreditada.

7.Outro alumnado do centro. Neste suposto inclúense aos escolarizados voluntariamente fóra da área de influencia que lle corresponde.

 

ACCESO AO SERVIZO POR PARTE DE ALUMNADO ESCOLARIZADO EN CENTROS QUE NON LLES CORRESPONDEN POR ZONA DE INFLUENCIA

  • Este alumnado non terá dereito ao comedor escolar.
  • Excepcionalmente, sempre que existan no comedor escolar prazas libres, a Secretaría Xeral Técnica poderá autorizar para cadacurso escolar a incorporación de alumnos/as escolarizados fóra de área.
  • As citadas autorizacións concederanse en precario e serán revogbles se cambian ascircunstancias que asxustifcan ou se é preciso asignar as prazasa outro alumnadocun dereito preferente.
  • E

    stes autorizados con independencia da renda familiar terán que aboar a cantidade de 4,50€  por día de servizo.

 

 

En adxuntos pódese descargar o impreso de autodeclaración da renda para o curso 2024-2025 que haberá que entregar na secretaría do centro.

 

HORARIO DE VERÁN: 9:00-13:30

DÍAS FESTIVOS LOCAIS: 

  • 11 de xullo
  • 16 de agosto

MATRÍCULA ESO 2024-2025

O período de matrícula abrangue desde o 26 de xuño ata o 5 de xullo.

Para unha millor organización organizaranse as seguintes quendas

 

• 1º ESO: 25-26 XUÑO

• 4º ESO:27-28 XUÑO

• 3º ESO: 1-2 XULLO

• 2º ESO: 3-4 XULL0

En horario de 9:30 a 14:30

 

Impreso de matrícula en adxunto

Cubrir, imprimir, asinar e entregar no centro.

CALENDARIO FIN DE CURSO 2023-2024

 

 

PÓDESE VER O CALENDARIO NO ARQUIVO ADXUNTO.

 

 

 

Calendario de exames de probas libres do CM de Guía no medio natural e de tempo libre do curso 2023-24

Nos arquivos adxuntos pódense consultar os calendarios das probas libres dos módulos de 1º e de 2º do curso 2023-24

Axudas para material escolar Curso 2024-2025

No DOG do día 20 de maio de 2024, publícase a ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25.

O prazo remata o día 21 de xuño de 2024 incluído.

O IES Plurilingüe Terra de Turonio ten implantado o programa EDIXGAL en tódolos cursos (de 1º a 4º de ESO) e non haberá libros de texto. Por tanto só poderá solicitarse axuda para material escolar.

No artigo 9.3. se establece que " As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II), accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal 

Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)."

En caso de facer a solicitude presencialmente na secretaría do centro, pódese descargar aquí o impreso Descargar

 

Autorización para a Romaría da Letras Galegas do Luns 13

No adxunto  pódese descargar a autorización para quedar na Romaría do luns 13 ao mediodiía. Entregaranse cubertas na consexería.

ERAMUS+ MOBILIDADE 2023

En adxúntos pódese consultar a documentación referida ao programa de Mobilidade 2023

SPRING WEEK: PROGRAMA DE INMERSIÓN LIGÜÍSTICA EN INGLÉS

O noso centro vai paricipar, un curso máis, no programa de inmersión lingüística "SPRINGWEEK" no que participarán un grupo de 25 alumnos/as de 1º de ESO acompñadados por unha profesora do centro.

Nesta semana o alumnado participará en moitas actividades dinamizadas por unha empresa contratada pola Consellería dirxidas por monitores como rocódromo, hípica, senderismo... nas instalacións do complexo Cemar en Mondariz.

O directora será o máxmo responsable do programa e a persoa de contacto coa Xunta e os centros. A continuación dispoñemos dous coordinadores que se encargarán da metade do grupo xunto con 10 monitores cada un. A enfermeira encargarase de todos os asuntos médicos, medicamentos e todo o relacionado con alerxias ou intolerancias alimentarias.

No folleto adxunto pódese buscar máis información.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut