Durante o curso 2018/2019 o I.E.S. Terra de Turonio completa o desenvolvemento do proxecto de centro plurilingüe, polo que neste curso 2019/2020, en 1º curso de ESO impartimos a materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual (EPVA) en Lingua Inglesa para todo o alumnado. En 2º ESO impartimos a materia Música en Lingua Inglesa, en 3º nivel impartimos a materia de EPVA en lingua Inglesa para todo o alumnado de 3º de ESO, en 4º nivel impartimos as materias de EPVA e TIC en lingua Inglesa.
Neste curso no 1º e 2º nivel haberá desdobres: se divide a clase en dous subgrupos por orde alfabética para impartir as clases en pequeno grupo e ofertar así unha atención individualizada.
Este curso contaremos cun novo auxiliar de conversa nativo do Reino Unido que virá para completar a oferta educativa de linguas estranxeiras no centro, trataremos que atenda ao máximo número de grupos de alumnado no centro, pero priorizando as clases plurilingües de Educación Plástica e Visual e Música do 1º ciclo e ao alumnado participante nas distintas seccións bilingües do centro de Educación Plástica e Visual de 3º e 4º nivel e TIC en 4º nivel.