Skip to Content

Bioloxía e Xeoloxía

Departamento de Bioloxía e Xeoloxía

ELABORACIÓN DE GUÍAS AMBIENTAIS SOBRE A BIODIVERSIDADE DOS RÍOS GALEGOS

O alumnado de 1ºESO elaborou na materia de Bioloxía e Xeoloxía, guías coa diversidade propia dos ríos galegos. O coñecemento das especias autóctonas e exóticas invasoras permitiu por en valor o noso patrimonio natural e alertar dos perigos que ameazan.

Foron moitas e moi variadas as guías elaboradas, algunhas delas están recollidas nas seguintes fotografías. Parabéns a todos polo seu traballo!

Esta actividade forma parte das actividades do Proxecto Ríos.

RUTA POLA SENDA DO RÍO MIÑOR: DEPORTE, FOTOGRAFÍA DA NATUREZA E RECOLLIDA DE LIXO

Coordinado co Departamento de Educación Física e o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, organizáronse unhas rutas pola senda do Río Miñor. Esta ruta empezou no propio instituto e seguiu por varios puntos de interese etnográfico ao longo do río Miñor ata chegar a presa do Botana.

Durante esta ruta, seguindo os coñecementos impartidos polo Departamento de Educación Plástica e Visual, o alumnado sacou fotografías da biodiversidade propia do río.

Ademais, aproveitamos a ruta para facer un concurso de recollida de lixo. O alumnado estivo moi motivado e participou moi activamente. En total, recollemos máis de 5 quilogramos de lixo, maioritariamente plástico.

Esta actividade forma parte das actividades do Proxecto Ríos.

SAÍDA DE CAMPO ÁS INMEDIACIÓNS DO RÍO MIÑOR CON ADEGA

Parte do  alumnado de 1ºESO e o alumnado de 4ºESO-PDC, realizou una saída de campo guiada por Paco Bañobre de ADEGA.

Nesta saída o alumnado observou fauna propia do río Miñor e mediu características físico-químicas para caracterizar o río. Ademais, identificaron invertebrados que empregaron como bioindicadores da calidade das augas do río.

Esta actividade forma parte das actividades do Proxecto Ríos.

CONCURSO DE UNIR PARELLAS SOBRE CIENTÍFICAS E AS SÚAS APORTACIÓNS Á CIENCIA 23/24

As cartas do xogo de unir parellas, elaboradas polo alumnado, foron empregadas para facer un concurso entre o alumnado de 1º da ESO que se presentase voluntario. A participación foi moi numerosa, polo que tivéronse que organizar varias quendas, que encheron a biblioteca de participantes e curiosos.

Esta actividade formaba parte do proxecto Donas de si.

 

ELABORACIÓN DO XOGO DE UNIR PARELLAS SOBRE CIENTÍFICAS E AS SÚAS APORTACIÓNS Á CIENCIA 23/24

O alumnado de 1ºESO elaborou as cartas necesarias para xogar a un xogo de unir parellas. As cartas do xogo correspondían con cartas con fotografías de científicas co seu nome, e cartas coas súas aportacións á ciencia. O obxectivo do xogo era unir as cartas de cada científica cos seus descubrimentos, tendo en conta que as cartas estaban cara abaixo, polo que precisaban de boa memoria.

Entre todas as cartas elaboradas, seleccionáronse 14 parellas de cartas para formar parte do xogo. Estas cartas foron expostas na biblioteca .

Esta actividade formaba parte do proxecto Donas de si.

CHARLA CUNHA CIENTÍFICA 23/24

Co motivo da conmemoración do Día da muller e a nena na ciencia (11 de febreiro) e formando parte das actividades do proxecto Donas de si, a científica Rosario Domínguez do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía, deu ao alumnado de 1ºESO e 4º-PDC unha charla.  

Rosario abordou o papel da muller na ciencia e as dificultades que atopan no desenvolvemento das súas carreiras profesionais. Ademais, grazas a súa experiencia investigadora, explicounos a necesidade de seguir avanzando no coñecemento do océano e das especies que nel habitan, para elo fixo especial fincapé nas ferramentas empregadas nos seus propios estudos sobre ecoloxía de peixes.

ACTIVIDADES DO DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA (11F): CIENTÍFICAS QUE COÑECEMOS E RECOMENDACIÓNS DE LIBROS DE DIVULGACIÓN CIEN

Co motivo da conmemoración do Día da muller e a nena na ciencia (11 de febreiro), todo o alumnado do centro estaba convidado a escribir o nome das científicas que coñecían na cristaleira da biblioteca.  Entre todos, elaboraron un colorido mural que acompañounos ao longo do curso.

Esta actividade formaba parte do proxecto Donas de si.

Ademais, aproveitamos a efeméride para dar a coñecer os fantásticos libros de divulgación científica quq temos na nosa biblioteca.

PÓSTERS SOBRE CIENTÍFICAS 23/24

O alumnado de 1ºESO elaborou pósters sobre as aportacións á ciencia de determinadas científicas.  Entre os pósters elaborados, os propios alumnos elixiron os que consideraron máis didácticos,  para expoñer nos corredores do centro.

Esta actividade formaba parte do proxecto Donas de si.

Adaptacións das programacións Bioloxía e xeoloxía e Ciencias Aplicadas Curso 2019-2020

Nos arquivos adxuntos pódense consultar as adaptacións das programacións do curso 2019-2020 motivadas polas circunstancias da pandemia do COVID19

Distribuir contido


by Dr. Radut